martes, 19 de abril de 2011

2ª Autonómica: O Sporting remata a Liga no 11º posto logo de vencer ó Mondoñedo e empatar en Alfoz

Acabouse a Liga para o Sporting Pontenova, e acabou coa satisfacción de ter conseguido o obxetivo para o que fora planteada a temporada, a permanencia. A 2011/2012 será, pois, a terceira consecutiva dos gualdinegros en 2ª Autonómica.
Os dous últimos partidos da competición saldáronse cunha victoria e cun empate. A victoria chegou ante o Mondoñedo na Mina, o pasado 9 de Abril. Foi nun partido no que os de Moirón infrinxiron un dominio case insultante ante os mindonienses, con preto de 20 ocasións de gol, pero que acabou decidindo un solitario tanto de Puente preto do descanso. O marcador non se moveu e significou o descenso matemático do equipo da cidade diocesana.
E a última xornada disputouse o pasado sábado, en Alfoz, ante un equipo que só necesitaba un punto para acompañar ó Xermade no ascenso á 1ª Autonómica. E ese foi o resultado final que reflexou o tanteador, un 2-2 que deixaba contentos ós dous equipos. Os locais conseguiron adiantarse e puxeron terra de por medio co 2-0, pero na segunda parte os de Moirón reaccionaron e conseguiron empatar con un gol en propia meta e co definitivo tanto de Fran, o que o confirmou como o máximo goleador do equipo na Liga. Con este empate, os pontenoveses rematan a Liga no posto 11º con 36 puntos, por riba de Mondoñedo, Roupar (os dous descendidos), Pol, Bonxe e Meira. 
Agora, logo dunha semana de descanso, chega a Copa Diputación, donde o rival será o Meira. A ida será na Mina, o día da Festa da Troita (30 de Abril) ás 6 da tarde.

No hay comentarios: