martes, 19 de abril de 2011

Aut. Xuvenil: Dúas victorias consecutivas para alonxarse definitivamente dos últimos postos

Un gran Sporting firmou dúas victorias nos últimos dous encontros, o primeiro a mañá do sábado 9 de Abril na Mina e o segundo o pasado sábado en Alfoz. O partido disputado fai dúas xornadas foi ante o Xove Lago no feudo pontenovés, e os de Moirón recibían ao penúltimo da táboa coa intención de seguir coa boa xeira iniciada ante o Iberia. E así foi, pois os gualdinegros impuxéronse por 2-0 con goles de Paulo e Picota, un en cada tempo. E a terceira victoria consecutiva chegou o pasado sábado en Alfoz, xusto despois do partido do primeiro equipo. Foi por un axustado 1-2, nun partido no que Catalin firmou o seu 19º gol da Liga e Arango cerrou o partido cun golazo dende fóra da área que se colou por toda a escadra. 
Agora só lles queda por disputar a última xornada da Liga, que será ante o Viveiro "B" na Mina, o fin de semana da Festa da Troita. E será xa coa tranquilidade de ter unha plaza asegurada entre os 10 primeiros clasificados.

No hay comentarios: