martes, 5 de abril de 2011

Aut. Xuvenil: O Sporting volve á senda da victoria logo de catro derrotas consecutivas

Por fin conseguiu o Sporting Pontenova xuvenil escapar da mala racha na que estaba metido, despois de sufrir 4 derrotas de maneira consecutiva. E foi o pasado sábado, ante o Iberia, un rival co que estaba empatado a puntos e que deixa xa por detrás na táboa. O gran protagonista do partido foi Catalin, que firmou os 3 goles dos de Moirón. Ó descanso chegouse con 2-1 para os locais, o primeiro gol de penalti e o segundo pouco despois de que o Iberia acadase o empate. No segundo tempo chegou a sentencia con outro gol dende o punto fatídico, que significou o hat-trick do dianteiro pontenovés. Estes 3 puntos deixan ó Sporting no 9º posto da táboa, nunha posición moi tranquila a falta de 9 puntos en xogo.

No hay comentarios: