sábado, 29 de octubre de 2011
martes, 25 de octubre de 2011
2ª Autonómica: O Sporting perdoa e cae no desconto ante o Muimenta
Partido para aprender o do pasado sábado no Pichón, ante o Muimenta. Un gran Sporting, que foi moi superior durante gran parte dos 90 minutos, non soubo aproveitar as clarísimas ocasións coas que contou e acabou saíndo derrotado gracias a un solitario gol conseguido polos locais no minuto 93, o que significou a segunda victoria na liga para os celestes.
Xuveniles: Primeira derrota da temporada no campo do Cospeito
Logo de duas victorias de xeito consecutivo nas duas primeiras xornadas, a racha cortouse coa visita a un remodelado campo da Fonte, para enfrontarse ó Cospeito. Foi o pasado sábado pola mañá, nun encontro ó que chegaban os pontenoveses na busca dun novo triunfo que os asentara na parte privilexiada da táboa, pero o doblete de Catalin non bastou para que os de Moirón se fosen cunha victoria, e acabaron cedendo por 3-2. Este resultado déixaos no cuarto posto da táboa a só 3 puntos do líder, o Xove Lago. O próximo compromiso non será ata o 5 de novembro, na Mina ante o C.D. Foz.
lunes, 24 de octubre de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7
Sábado 22 de Outubro, 16h30
7ª Xornada
O Pichón
S.D. MUIMENTA 1 - 0 SPORTING PONTENOVA
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 22 de Outubro, 11h30
4ª Xornada
A Fonte
C.D. COSPEITO 3 - 2 SPORTING PONTENOVA
Goles: Catalin (2)
martes, 18 de octubre de 2011
2ª Autonómica: O Sporting vence ó Rioaveso no Machinango gracias a un doblete de Javín
Chegaba o Sporting Pontenova ó campo do Machinango co bo recordo do ano pasado, cando se impuxo por 2-4 cun gran protagonista, Fran, que firmara un hat-trick. Este ano a victoria volveuse a repetir, por 0-2, aunque outra vez con nome propio. Nesta visita tocoulle a Javín, autor dos dous tantos gualdinegros nun partido difícil que remata cunha victoria que pode ser moi importante para as aspiracións pontenovesas.
Xuveniles: Goleada ante o Praia de Covas para firmar un inicio de liga impecable
Segundo compromiso de Liga do Sporting xuvenil e segunda victoria, esta vez ante o Praia de Covas. Logo de derrotar ó Sagrado Corazón a domicilio, chegaba á Mina o equipo viveirense, novato na competicións, e atopouse cun Sporting Pontenova nun gran estado de forma que xa na primeira parte deixou o partido sentenciado cos goles de Anxo e de Iván, de libre directo. No segundo tempo os de Moirón volveron a ser moi superiores e certificaron a goleada cun novo tanto de Catalin, deixando o marcador no 3-0 co que se chegaría ó final.
Con este triunfo os pontenoveses colócanse colíderes da clasificación con 6 puntos, a pesar de descansar na segunda das 3 xornadas que se levan disputado. O seguinte compromiso será o próximo sábado en Cospeito, no Campo da Fonte ás 11:30 da mañá.
domingo, 16 de octubre de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7
Domingo 16 de Outubro
6ª Xornada
Machinango
S.D. RIOVESO 0 - 2 SPORTING PONTENOVA
Goles: 0-1 Javín, 0-2 Javín
sábado, 15 de octubre de 2011
Resultados
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 15 de Outubro, 16h30
3ª Xornada
Campo da Mina
SPORTING PONTENOVA 3 - 0 A.D. PRAIA DE COVAS
Goles: 1-0 Anxo, 2-0 Iván, 3-0 Catalin
sábado, 8 de octubre de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7
Sábado 8 de Outubro, 17h30
5ª Xornada
Campo da Mina
SPORTING PONTENOVA 1 - 1 IBERIA F.C.
Goles: 1-0 Fran
martes, 4 de octubre de 2011
2ª Autonómica: O Sporting deixa boas sensacións pero acaba caendo en Santaballa
O pasado domingo tocaba rendir visita a un dos recén descendidos de Primeira Autonómica e, polo tanto, un dos favoritos da categoría, o Santaballés, vello rival do Sporting na súas andaduras pola Primeira Rexional e pola Rexional Preferente. A pesar dun inicio do encontro no que os locais foron moi superiores, os de Moirón pouco a pouco foron gañando terreo e gozaron de ata catro claras ocasións para adiantarse no marcador, pero o maior poderío físico dos de Santaballa acabou sendo determinante e impuxéronse gracias a dous tantos nos últimos 20 minutos.
Aut. Xuvenil: Comeza a temporada cunha gran victoria no desconto ante o Sagrado

Durante a primera metade do encontro, ambos equipos mantiveron unha línea ofensiva, na que a pesar das ocasións a intensidade brillaba pola súa ausencia. O Pontenova mostrábase máis preocupado por defender a súa portería que por buscar a contraria. Na segunda parte, rompeuse o partido.
domingo, 2 de octubre de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7
Domingo 2 de Outubro, 18h00
4ª Xornada
Campo da Liga
C.D. SANTABALLÉS 2 - 0 SPORTING PONTENOVA
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 1 de Outubro
1ª Xornada
As Gándaras
A.D. SAGRADO CORAZÓN 0 - 1 SPORTING PONTENOVA
Goles: 0-1 Catalin
Suscribirse a:
Entradas (Atom)