martes, 18 de octubre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting vence ó Rioaveso no Machinango gracias a un doblete de Javín

Chegaba o Sporting Pontenova ó campo do Machinango co bo recordo do ano pasado, cando se impuxo por 2-4 cun gran protagonista, Fran, que firmara un hat-trick. Este ano a victoria volveuse a repetir, por 0-2, aunque outra vez con nome propio. Nesta visita tocoulle a Javín, autor dos dous tantos gualdinegros nun partido difícil que remata cunha victoria que pode ser moi importante para as aspiracións pontenovesas.
Presentábanse os de Moirón o pasado domingo conscientes da dificultade do envite ante un equipo, o Rioaveso, que xa se situara nos postos de privilexio da táboa e que está chamado a ser un dos que pelexe polo ascenso a final de temporada. E así o demostrou nos primeiros minutos, impoñendo un ritmo no partido que os pontenoveses non eran capaces de frear. Ó conxunto gualdinegro estáballe costando atopar o seu sitio no campo, véndose desborados polos locais en numerosas ocasións aproveitando o seu desorden. Na primeira parte os blanquiazuis foron dominadores absolutos, poñendo en apuros varias veces a Marco, que aínda así volveu a firmar unha notable actuación co primeiro equipo. Pero, cousas do fútbol, e xusto antes do descanso, foi o Sporting quen se adiantou gracias a un golazo de Javín, que aproveitou un fallo da defensa do Rioaveso para definir cunha gran volea que se colou pegadiña ó pau dereito da meta local. Foi no momento idóneo, pois non houbo tempo para máis nesta primeira metade e os de Moirón víanse por diante nun partido no que estaban sendo superados polo rival.
Iniciáronse os segundos 45 minutos cun Sporting con moitas cousas que correxir a pesar de ir por diante no marcador. E conseguiuno en gran parte, pois ós locais estáballes costando moito máis penetrar na maraña defensiva dos gualdinegros, a pesar de que o seguían intentando con insistencia pero en chegadas que inquedaban moi pouco. Por outra parte, os pontenoveses estaban administrando a ventaxa de maneira inmellorable, e gozaron dalgunha ocasión para subir o segundo ó marcador. E chegou  mediado o segundo tempo, nunha ocasión sen aparente perigo. O porteiro do Riaoveso saíu da área para despexar un balón, fallou no golpeo e Javín, moi antento, fíxose co rexeite e, logo de regatear ó meta e a un defensa que lle saíu ó paso, definiu dende o borde da área facendo o 0-2 cun golpeo seco que se colou cerca do pau, a dónde non puido chegar un defensor que agardaba na portería. Gol da tranquilidade para os pontenoveses, que agora sí se vían seguros de sacar o partido adiante. Se xa antes do gol non estaban a pasar serios apuros, despois do tanto de Javín seguiron mantendo a calma e souperon neutralizar moi ben os arreóns dos locais en busca dun gol que lles dese esperanza. Pero nin á desesperada foron quenes de batir a Marco, polo que o encontro morreu con ese 0-2 que lle sirve ó Sporting Pontenova para situarse na 10ª posición con 8 puntos, na zona tranquila da táboa.
O seguinte compromiso será o vindeiro sábado ás 16:30 da tarde no campo do Pichón, ante o Muimenta do ex-sportinguista Garboso.

No hay comentarios: