martes, 4 de octubre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting deixa boas sensacións pero acaba caendo en Santaballa

O pasado domingo tocaba rendir visita a un dos recén descendidos de Primeira Autonómica e, polo tanto, un dos favoritos da categoría, o Santaballés, vello rival do Sporting na súas andaduras pola Primeira Rexional e pola Rexional Preferente. A pesar dun inicio do encontro no que os locais foron moi superiores, os de Moirón pouco a pouco foron gañando terreo e gozaron de ata catro claras ocasións para adiantarse no marcador, pero o maior poderío físico dos de Santaballa acabou sendo determinante e impuxéronse gracias a dous tantos nos últimos 20 minutos.

Difícil compromiso o que se lle presentaba ó Sporting o pasado domingo, visitando no Campo da Liga ó equipo que acabaría a xornada como líder en solitario, o Santaballés. E outra vez, tocaba loitar contra as numerosas baixas do equipo, ó que se lle uniron as lesións de Javi e Fran durante o encontro. Nunha boa tarde para a práctica do fútbol, e con bo ambiente nas bancadas, principiou o partido cos locais moi enchufados, poñendo en serios apuros ó Sporting con varias chegadas perigosas nos primeiros 20 minutos. Outra vez Marco tivo unha actuación destacada, o que permitiu que os blanquiazuis non se adiantasen. Pero a partir de ahí o Sporting foi poñéndose serio e comezou a dominar, gozando de ocasións sobretodo por medio de Puente, o 9 na tarde do domingo. A máis clara foi cunha vaselina que a piques estivo de superar ó meta local, pero este estivo listo e adiviñoulle as intencións ó xogador gualdinegro. Tampouco o Santaballés foi quen de materializar as súas, polo que ó descanso chegouse co 0-0 inicial.
No segundo tempo as cousas seguiron máis ou menos como estaban, cos locais exercendo o control pero as oportunidades máis claras volvían a ser para os de Moirón. Nunha gran xogada individual, Puente case consigue o primeiro pero o porteiro chairego sacou unha man prodixiosa á base do poste. Pouco despois, o punta pontenovés exerceu de asistente cun gran centro que Jorge rematou defectuoso noutra gran ocasión. Este último volveu a ter outra oportunidade antes de ser sustituído, pero volveu a fallar na definición. Xa iban catro moi claras, ás que se pode unir un dous contra un de Jorge e Javín no que o primeiro tarda moito en dar o pase provocando o fóra de xogo do segundo. E ahí foi cando os visitantes comezaron a ceder terreo e as ocasións claras pasaron a ser do Santaballés. A primeira, nun bonito cabezazo que sacou Marco cunha espectacular palomita. Pero nada puido facer pouco despois, nunha xogada do interior dereito, que gaña a línea de fondo e pon un pase preciso ó borde da área donde aparece un xogador local para lograr o primeiro gol cun disparo cruzado. Xa estaba a balanza desnivelada e, aunque o Sporting non baixou os brazos, as forzas comezaron a fallar e os blanquiazuis controlaron totalmente o tramo final do encontro, sentenciándoo cunha gran xogada individual pola banda esquerda culminada cun trallazo que fulminou a portería de Marco e que significou o definitivo 2-0 a falta de poucos minutos.
Tras este resultado, o Sporting Pontenova queda na zona media da táboa con 4 puntos, que intentará ampliar o próximo fin de semana na visita doutro dos favoritos, o Iberia, ó Campo da Mina. Será o sábado  día 8 de Outubro ás 17:30 da tarde, coincidindo coa primeira xornada das Feiras da San Lucas na localidade pontenovesa.

No hay comentarios: