martes, 25 de octubre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting perdoa e cae no desconto ante o Muimenta

Partido para aprender o do pasado sábado no Pichón, ante o Muimenta. Un gran Sporting, que foi moi superior durante gran parte dos 90 minutos, non soubo aproveitar as clarísimas ocasións coas que contou e acabou saíndo derrotado gracias a un solitario gol conseguido polos locais no minuto 93, o que significou a segunda victoria na liga para os celestes.

De novo con baixas, como ben sendo costume, presentábase o Sporting no campo do Pichón disposto a confirmar o bon momento de xogo dos últimos partidos. A boa noticia foi a volta de Lolo ás convocatorias logo de varios encontros ausente. No bando rival un vello coñecido, Garboso, auténtico xefe da medular dun Muimenta que estaba firmando un arranque de liga un pouco por debaixo do esperado logo da gran temporada feita o pasado curso.
O árbitro deu o comezo e no campo, dous equipos que se respetaron moito desde o principio. Os primeiro acercamentos foron dos locais, case sempre con balóns longos que acababan a maioría das veces nas mans de Xoel. Tamén a balón parado puxeron en apuros á zaga gualdinegra, pero sin maiores consecuencias. Pouco a pouco os de Moirón foron entrando en calor e non tardaron en crear perigo. A primeira das moi claras chegou mediado o primeiro tempo, nun balón morto que lle cae a Fran dentro da área e, só diante do porteiro, non é capaz de definir correctamente cando xa se esperaba o primeiro tanto da tarde. E pouco despois a seguinte, nunha xogada larga na que o balón lle volve a chegar ó mesmo protagonista cerca do punto de penalty, e cando todos esperaban o disparo Fran intentou un pase moi complicado que acabou despexando a defensa. Xa iban duas claras, e mentras o Muimenta seguía levando perigo en xogadas ailladas ou noutras con pouca fortuna, pois Manu case introduce o balón na súa portería logo dun despexe de Xoel. Ó descanso chegouse asi, co 0-0 inicial.
No segundo tempo aumentou se cabe o control que estaba exercendo o Sporting no partido. As ocasións non tardaron en chegar, e ademáis moi claras. Na primeira, Javín rouballe a carteira ó central, encara ó porteiro e logo de driblalo, enrédase co balón e un defensor acaba desbaratando a ocasión. E minutos despois, nunha xogada case calcada, en vez de intentar regatear ó meta define seco e forte a un lado, pero esta vez o porteiro está fino e manda o balón a córner. Xa iban 4 clarísimas para os pontenoveses, e a medida que avanzaban os minutos o fantasma de "quen perdoa acábao pagando" asomaba nas mentes dos sportinguistas. No último cuarto de hora o Muimenta parecía máis vivo, e gozou dalgún achegamento con máis ou menos perigo. E cando o partido agonizaba, no minuto 93, córner para os locais. A zaga gualdinegra despexa o esférico, que lle volve a caer ó xogador que sacara de esquina, e este colga o balón de novo ó segundo pau e alí aparece un atacante celeste para rematar de cabeza e subir así o único gol do partido ó marcador. Xarro de auga fría para os de Moirón, pois non había tempo para reaccionar. E así foi, nada máis sacar de centro final, 1-0 para os locais.
Con esta derrota o Sporting sigue na zona media da táboa con 8 puntos. O seguinte compromiso, o próximo sábado na Mina ante o Parga, ás 4:30 da tarde.

No hay comentarios: