martes, 14 de diciembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting deixase remontar e volver a caer en Mondoñedo ante un rival directo

Segunda derrota consecutiva do Sporting Pontenova, que volve a quedarse nunha situación complicada. E máis porque o rival era un dos que están pelexando polos mesmos obxetivos, o Mondoñedo do ex-sportinguista Noly. Os de Moirón foron superiores nos primeiros 60 minutos de partido, e chegaron incluso a adiantarse co primeiro gol de Rañón como gualdinegro. Pero a partir dese momento viñéronse abaixo e o Mondoñedo conseguiu darlle a volta ó marcador para finalizar impoñéndose por 2-1.
Presentábase o Sporting no campo Viñas da Veiga de Mondoñedo lastrado polas numerosas baixas, o que provocaba a presencia na convocatoria dos xuveniles Catalin, Picota, Miguel Camiño e Arango. Aínda así, Moirón non tivo problemas para confeccionar un once de garantías que foi capaz de sobrepoñerse ás ausencias de Xoel, Jorge, Maqueto, Otto, Carlos e Leivas, pois os pontenoveses mostráronse serios e foron superiores durante gran parte da contenda. No primeiro tempo as ocasión sucedéronse en ambas porterías, pero sen ningún equipo capaz de erixirse como dominador absoluto. Sen embargo, os visitantes parecían un pouco máis asentados e mostráronse firmes en defensa e activos en ataque, sobretodo por parte de tripla Fran-Rañón-Javín. Pola banda esquerda Puente tivo menos profundidade que os demáis, pero aínda así mostrouse participativo aínda que sen sorte nas súas accións. Incluso viu unha amarilla por unha forte entrada a un xogador rival. Na portería, César cumpliu sen problemas nos achegamentos do equipo mindoniense, que aínda sen ser demasiados levaron perigo en contadas ocasións. A máis perigosa, un balón que se lle escapou ó meta pontenovés e que non se colou por poucos centímetros. Na outra área, o Sporting seguía rondando pero sen acerto de cara a porta. A banda dereita era a máis activa no ataque pontenovés, pero as internadas de Fran e os centros de Javi non atoparon rematador. Manu tamén tivo unha boa ocasión que acabou desviando un defensor local, e Javín tamén gozou de algunha oportunidade pero non foi capaz de romper a mala racha de cara a porta. Visto o pouco acerto en ambos bandos, ó descanso chegouse co marcador sen estrear.
No segundo tempo parecía que o Sporting saía un pouco máis dormido, pero co paso dos minutos foise entonando e volveulle a coller o ritmo ó partido. Nese tempo César tivo tempo de lucirse cunha gran parada nun disparo que parecía que sería o primeiro da tarde. Pero a reacción dos de Moirón non puido ser mellor. Ós 10 minutos deste segundo acto, tras un fallo no despexe do porteiro local, o balón chégalle a Rañón e éste, dende 25 metros, non o pensa e consegue facer o primeiro a porta vacía. Primeiro gol do atacante coa camiseta gualdinegra no seu terceiro partido. Importantísimo o gol para o Sporting, que conseguía adiantarse nun partido clave para fuxir da parte perigosa. Pero este tanto foi un punto de inflexión no encontro e a partir dese momento o campo foise inclinando pouco a pouco hacia o campo do Mondoñedo. Aínda asi, Manu tivo unha ocasión moi clara para facer o segundo pouco despois, pero o seu disparo marchouse moi alto logo de botarlle o balón no momento do golpeo. Os pontenoveses terían que pelexar moito para aguantar o marcador, pero as súas aspiracións sufriron un revés mediado o segundo tempo, co empate do Mondoñedo. Nun balón cara a banda dereita do ataque local, Villy e Gene non se entenden á hora de tapar os espacios e propician a superioridade dos xogadores rivais, que só teñen que fiar unha triangulación perfecta que remata cun pase da morte e co gol da igualada. Volvía a estar todo como o principio, e tocaba recuperarse do mazazo. Pero aínda sería máis grande minutos despois. Córner para os locais, e logo dun fallo na marcaxe, o ex-gualdinegro Noly recibe só no punto de penalti, acomódase o balón e dispara poñendo o esférico na escadra da portería de César. Dábanlle a volta así ó marcador os da cidade diocesana, e agora tocáballe ó Sporting volcarse na busca de saír con algún punto do Viñas da Veiga. Xa con Picota e Catalin aportando frescura no céspede, os de Moirón apretaron durante moitos minutos. Fran tivo a ocasión máis clara para a igualada, pero logo de plantarse diante do porteiro o seu disparo marchouse fóra por pouco. Catalin, Javín ou Rañón tamén gozaron de oportunidades, pero o marcador non se moveu e os pontenoveses marcharon de vacío na súa visita a Mondoñedo.
Tras esta derrota, o Sporting segue fóra dos postos de descenso a expensas do que fagan Bonxe e Roupar nos seus partidos aplazados. As posicións tranquilas atópanse agora a 3 puntos, e o equipo que marca o límite con elas é o Meira. O próximo compromiso será o próximo sábado na Mina ante un dos "gallitos" da categoría, o Alfoz, situado na terceira posición. O encontro celebraráse ás 4 da tarde.

No hay comentarios: