miércoles, 8 de diciembre de 2010

2ª Autonómica: Volta ás andadas (0-2)

Logo de 3 partidos sen perder e dunha gran victoria na cancha do Rioaveso, o Sporting volveu á senda negativa caendo na Mina ante o Celta Barreiros por 0-2. Os goles chegaron na segunda parte, pero ata o primeiro tanto visitante, de penalti, os pontenoveses estaban sendo superiores aínda que sen crear demasiado perigo. O home que máis incordiou a meta rival foi de novo Fran, que puido abrir o marcador ata por dúas veces. Ó final, derrota que deixa ós de Moirón a expensas do que fagan Roupar e Meira no seus partidos aplazados. Outras notas negativas foron as expulsións de Jorge, Xoel, Maqueto e do técnico pontenovés, que non poderán estar na visita a Mondoñedo.

No hay comentarios: