miércoles, 1 de diciembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting volve a gañar da man de Fran, que firmou un hat-trick en Rioaveso (2-4)

Gran victoria a que conseguiu o Sporting o pasado sábado no campo dun dos "gallitos", o Rioaveso, que marchaba segundo na táboa. Este triunfo sérvelles ós de Moirón para volver a gañar un partido, logo de dous empates e despois dun mes dende a última victoria ante o Galdo, e o protagonista volveu a ser o mesmo, Fran. Naquel partido lograra un doblete que servira para remontar un partido, e o pasado sábado firmou un hat-trick que, xunto ó golazo de Lolo, déronlle 3 valiosos puntos ó Sporting.

Tarde moi desapacible a do sábado, pero os presentes no campo do Machinango non tardaron en entrar en calor. Na primeira xogada de perigo produciuse o primeiro gol, algo habitual últimamente para o Sporting. Pero desta vez foi a favor. Gran pase en profundidade de Leivas que deixa a Fran só diante do porteiro e éste, logo de regatealo, define a placer poñendo por diante ós pontenoveses. Saltaba a sorpresa, pois o colista adiantábase na cancha do segundo clasificado. Pero non tardaría en responder o Rioaveso gracias á clase dun ex do Sporting. Pibe puxo a igualada escasos minutos despois cun maxistral lanzamento de falta. O arxentino demostrou que non perdeu un ápice da calidade coa que deleitou fai anos na Mina, pero tamén deu un recital de malos modos durante o partido, con entradas moi duras e con accións fóra de lugar como un salivazo a Lolo no segundo tempo. Situámonos no minuto 6 e o marcador xa rexistra un empate a un. Pero o Sporting seguiu demostrando que non estaba só de visita e pouco a pouco foi collendo o timón do partido, guiados por un Fran moi activo e con Javín e Jorge levando tamén perigo en ataque. Pouco despois do empate, e tras unha xogada de Fran pola dereita, Manu dispuxo doutra gran oportunidade para adiantar ós gualdinegros, pero o seu disparo cruzado marchouse lambendo o pau. E minutos máis tarde foi Javín quen puido conseguir o segundo na oportunidade máis clara do partido. Logo de conseguir desfacerse do porteiro e dun defensa que lle saíu ó paso, dispoñíase a definir a porta vacía cando, froito da relaxación ó ver o gol tan fácil, un rival cruzouse no camiño do balón e desbaratou un gol cantado. As oportunidades seguiron, e mediado o primeiro tempo chegou o segundo para os pontenoveses, con idéntico protagonista que o primeiro. Fran logrou batir por segunda vez ó porteiro cruzando o balón ante a salida déste. Volvíase a poñer por diante o Sporting, demostrando que iba a polo partido. Pero non baixaron os brazos os locais, e comezaron a apretar conforme se achegaba o descanso. Froito dese empuxe chegou a igualada. Nun centro dende a banda dereita, Xoel e Maqueto non se entenden e o balón chégalle a un dianteiro chairego para subir a placer o empate ó marcador. E sen tempo para a reacción rematou o primeiro tempo.
A segunda metade medrou en intensidade dende o primeiro minuto. A dureza comezou a facerse protagonista sobre o terreo de xogo, sobretodo por parte dun bando local que vía como o pechacancelas da categoría estaba sendo superior a eles. A primeira gran oportunidade volveu a ser para os visitantes. Javín volveu a plantarse diante do porteiro, pero quedouse sen ángulo e intentou definir cando Fran chegaba sen marca de cara á portería. Neste segundo tempo produciuse a outra gran nota positiva do encontro, o debut de Iván Rañón, ex do Ribadeo e do Celta Barreiros. Saíu mediada esta segunda parte sustituíndo a Carlos, e situouse no centro do campo firmando unha boa actuación nos minutos que dispuxo. O tempo pasaba e o Sporting seguía controlando, pero sen dispoñer de grandes ocasións. Pola súa parte, o Rioaveso tampouco era capaz de levar excesivo perigo á portería dun Xoel que solventou sen problemas a súa volta ó once. Quedaba menos dun cuarto de hora, pero quedaba o mellor. Nunha xogada sen aparente perigo, Lolo recibe un balón a 25 metros da portería e solta un dereitazo que, logo de rozar nun xogador chairego, cólase raso pegadiño ó pau dereito do marco local. Adiantábanse os de Moirón, que vían recompensada a súa melloría no campo. Pero tocaría sufrir, e os minutos seguintes foron os locais quenes intentaron volcarse sobre a portería pontenovesa. Pero volveu a aparecer Fran para lograr o gol da tranquilidade e firmar o seu terceiro tanto da tarde. Foi noutra xogada con fortuna, pois un centro seu dende a banda esquerda acabouse introducindo na portería sen que o gardameta fora capaz de evitalo. 2-4 para o Sporting, que a partir dese momento viu que o partido estaba decidido e dedicouse a conservar a renta. Quedaban escasos minutos, e aínda así, non semellaba que os locais foran a pelexar polo partido e non inquedaron a Xoel. No desconto producíronse de novo algunhas xogadas duras, pero non alteraron o choque e chegouse ó final con ese gran resultado para os gualdinegros.
Con estes 3 puntos, os de Moirón abandonan o farolillo vermello e sitúanse como antepenúltimos empatados con Pol e Meira, a dous puntos dos colistas, o Bonxe e o Roupar. O próximo sábado ás 16:00 horas visita a Mina o Celta Barreiros, que se sitúa no posto 11º a só un punto dos pontenoveses

No hay comentarios: