martes, 30 de noviembre de 2010

Aut. Xuvenil: Derrota no desconto ante o Pastoricense nun bo partido (1-2)

Un gol no último suspiro privoulle ó Sporting de sacar un punto nun partido ante un dos mellores equipos da categoría, o Pastoricense. Logo de comezar perdendo e de empatar gracias a un gol de Picota no primeiro tempo, os visitantes puidéronse volver a adiantar na segunda parte gracias a unha pena máxima que detivo Marco maxistralmente. Con este empate os de Moirón afrontan o parón de dúas semanas na parte tranquila da táboa.

Visitaba o pasado sábado a Mina un dos grandes rivais do Sporting Pontenova nos últimos anos, o Pastoricense. O partido disputouse ás 12 do mediodía, cun intenso frío e cun terreo de xogo en pésimas condicións logo das últimas chuvias. Iso foi un hándicap á hora de presenciar un fútbol vistoso, pero non quitou que se vise un bo partido entre dous bos equipos. Pouco tardaron en chegar os goles, e desgraciadamente foron os visitantes os primeiros en adiantarse ós poucos minutos. Comezaba a reflexarse o que iba a ser o choque, e o equipo blanco comezaba a demostrar o porqué do seu segundo posto na táboa. O Sporting, pola súa parte, intentaba facerse co control beneficiado por ser máis coñecedor do terreo. Pouco a pouco foise convertindo en dono e señor do partido e comezou a brindar momentos de moi bo fútbol. Froito diso, as oportunidades non tardaron en chegar. Catalin estaba moi activo e gozou de algunha que outra ocasión, pero foi Picota quen levou a igualada ó marcador. Logo de recibir preto da área pequena, controlou o balón e sen deixala caer definiu fusilando por baixo ó gardamente do rival. Conseguíase así o merecido empate, pero o Sporting quería máis. Seguíu controlando o resto do primeiro tempo, pero os homes de arriba non foron capaces de culminar as ocasións e ó descanso chegouse co 1-1.
Na segunda parte os de Moirón volveron a saír convencidos da victoria. Pero os visitantes non foron menos, e co paso dos minutos fóronse facendo co control do esférico. Pero os seus ataques eran repelidos por unha moi boa defensa e de novo con outra gran actuación de Marco debaixo dos paus. O Sporting non gozou de tantas oportunidades como ó principio, pero aínda así puxo en apuros a meta visitante en contadas ocasións. Catalin volveu a ser o home máis perigoso dos de Moirón, aínda que tamén Picota, Villarquide e Iván estiveron activos en ataque. Pero non sería suficiente para levarse o partido. E máis despois da expulsión de Luis por doble cartón amarelo, a segunda na temporada. Mentres, o Pastoricense seguía ó seu. Gozaron incluso dunha pena máxima que, despois de ter que repetila, salvouna Marco cunha parada maxistral. E cando o partido xa apuntaba a que iba rematar en empate, no minuto 48 chegou o xarro de auga fría para os gualdinegros. Foi nun córner, nun despiste defensivo que acabou cun xogador visitante rematando a gol na última xogada do partido, dándolles a victoria. Non houbo tempo para máis.
Logo deste partido, os de Moirón seguirán dúas semanas máis na parte tranquila da clasificación. Dúas semana pois este puente non haberá fútbol xuvenil, polo que o seguinte compromiso será o día 11 de decembro, nas Valgas ante o Iberia.

No hay comentarios: