miércoles, 24 de noviembre de 2010

Aut. Xuvenil: Terán que xogarse os 4 minutos que restan de partido contra o Cospeito na Mina

O Sporting Pontenova - Cospeito, partido correspondente á xornada 7 da Primeira Autonómica xuvenil e que transcurría con un contundente 3-0 para os locais, terá que ser reanudado para xogar os 4 minutos que restaban para a conclusión cando o árbitro decidiu suspendelo, o pasado sábado 13 de novembro. Así o ordenou a Federación Galega de Fútbol, que en breve comunicará a data para a reanudación do partido. Recordamos que a causa da suspensión foi que, despois do 3º gol pontenovés, obra de Catalin, un xogador do Cospeito foi expulsado por agresión e formouse unha tangana que chegou incluso a involucrar a membros do público. Por iso mesmo, os visitantes terán que disputar os minutos restantes con 10 homes no terreo de xogo.

No hay comentarios: