martes, 23 de noviembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting desperdicia un 4-2 e acaba empatando un partido de tolos (4-4)

Visitaba a Mina o Roupar, rival directo pola permanencia e que se atopaba só un punto por enriba na táboa. Nunha tarde chuviosa e co campo totalmente embarrado, o Sporting, a pesar de comezar perdendo, conseguiu remontar e cando parecía que o partido iba ser tranquilo, cun 4-2 ó principio do segundo tempo, a relaxación local e o empuxe do rival acabaron por deixar o marcador nunhas táboas que saben a derrota, pero que permiten seguir sumando por segunda xornada consecutiva.
Mal día para xogar ó fútbol, pois a chuvia e o estado do terreo de xogo non auguraban precisamente unha tarde de preciosismo na Mina. Pero os dous equipos, situados na parte baixa, precisaban os 3 puntos a toda costa e prometían un partido intenso e de loita. Comezou o partido e a mala sorte non tardou en aparecer, pois o  Roupar adiantouse cun gol de Gene en propia porta. Poñíase por diante o rival nos primeiros compases, igual que ocorrera había 7 días no campo do Bonxe. Pero reaccionaron rápido os locais. Fran puxo a igualada de cabeza nun saque de esquina botado por Puente. Éste último volveu a ser protagonista minutos despois, pois a él fixéronlle o penalti que significou a remontada, transformado por Maqueto. En poucos minutos o Sporting deulle a volta ó partido e semellaba recuperar as boas sensacións. Tivo algunha ocasión máis, por medio de Javín, Fran ou Manu cun saque de falta, pero o marcador non se ampliou e, o que é peor, os visitantes conseguiron empatar cando máis doe, no desconto e tamén cun gol á saída dun córner. Seguen os problemas do Sporting á hora de defender as xogadas a balón parado, algo que se evidenciou o resto do partido. Sen tempo siquiera para sacar de centro, fóronse os xogadores ós vestiarios.
A segunda parte non puido comezar de mellor maneira. Ós poucos minutos, unha falta ó borde da área transformouna Leivas de maneira impecable conseguindo o seu primeiro gol da temporada e poñendo ós pontenoveses de novo por diante. E pouco despois, Fran firmou o seu doblete poñendo o 4-2 logo de enviar á rede un centro dende a esquerda. Parecía que a Mina iba disfrutar por fin dun partido tranquilo, pois os gualdinegros estábanse mostrando superiores e o rival non parecía reaccionar. E así o pareceu durante moitos minutos, pero nada máis lonxe da realidade. Mentres, o Sporting puido seguir aumentando a ventaxa con ocasións de Fran e Pablín, que entrara minutos antes por Javín, pero xa semellaba que a renta conseguida non se iba ampliar. E minutos despois, vellos problemas volveron a manifestarse, e a falta de concentración a balón parado volveu a ser letal para os de Moirón, que viron como o Roupar aproveitou dous córners para volver a igualar o marcador. Xarro de auga fría para os locais, que vían como se lles escapaba un partido que tiñan gañado. E máis cando Pablín, na última xogada, desperdiciou unha clara ocasión para levarse os 3 puntos. Non houbo tempo para máis.
Con este empate o Sporting segue empatado co Meira no farolillo rojo, agora con 8 puntos e a só un dos tres seguintes, Bonxe, Roupar e Mondoñedo. O Galdo está a 2 e o Pol e o Cospeito, a 3. O próximo sábado ás 16: 15 os de Moirón visitarán un campo complicado, o Machinango, para enfrontarse ó Rioaveso, 3º clasificado.

No hay comentarios: