miércoles, 3 de noviembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting volve a pagar a falta de pegada e cae 1-2 ante o Sacido

Logo de vencer ó Galdo na anterior xornada, o Sporting recibía o pasado domingo ó Sacido, segundo clasificado, coa esperanza de encarrilar por fin dúas victorias seguidas que os alonxase dos postos de abaixo. O tempo non axudou en nada, pois o céspede da Mina convertiuse nun barrizal rápidamente, pero aínda así os locais mostráronse superiores e só a falta de puntería, unida a mala sorte no segundo gol encaixado, os privou de sacar unha victoria ante un rival dos fortes.
Comezou o encontro nunha tarde moi desapacible, na que non deixou de chover prácticamente en ningún momento. E comezou tamén cun Sporting que saíu a por todas e que dende o minuto 1 se fixo co control e encerrou ós viveirenses no seu campo. Nun terreo de xogo impracticable, o balóns largos e os disparos de larga distancia impuxéronse no xogo dos locais, mentres que o Sacido intentaba combinar sen éxito e acabouse contaxiando do xogo directo. Manu foi o primeiro en avisar cun tiro dende fóra da área, forte pero centrado, que atrapou sen problemas o meta visitante. Dende ahí tamén o intentaron Leivas ou Javín, pero igualmente sen éxito. Sen embargo, o primeiro achegamento do rival acabou de xeito ben diferente. Un balón longo dende atrás cázao en carreira o dianteiro que, despois de regatear a Xoel, marca o primeiro a placer subindo o 0-1 ó marcador. Volvían á Mina fantasmas de partidos anteriores, pero non baixaron os brazos os gualdinegros e non perderon nin un ápice da intensidade coa que estaban a xogar, e rápidamente se volcaron de novo na busca do empate. Mediado o primeiro tempo chegou a xogada polémica do partido, cando un dianteiro do Sacido agrede a Maqueto na área do Sporting e o árbitro, que non vira a acción, perdóalle a expulsión e decide sancionalo cun cartón amarelo. Creceu en intensidade o choque a partir dese instante e o xogo volveuse un pouco máis trabado. As ocasións seguiron chegando no bando local, no que o máis insistente era Javín, pero os seus numerosos disparos non encontraban porta e non puido romper coa súa mala racha particular. Lolo, Leivas e Jorge tamén tiveron ocasións, pero de novo sen final feliz. O que si acertou, preto do descanso, foi Puente. Pase longo en dirección banda dereita e alí, ante a mala salida do porteiro viveirense, aparece o extremo do Sporting para desviar o balón cara a portería poñendo o merecido empate no marcador. Segundo gol do de Taramundi na presente campaña, que supera así a marca do pasado ano. Non houbo tempo para máis, e os xogadores fóronse ós vestiarios coa igualada.
O segundo tempo iniciouse da peor forma posible. Ós poucos minutos, nunha xogada desafortunada, conseguía adiantarse o Sacido. Foi nun balón que se quedou clavado por culpa da auga, e alí apareceu un dianteiro viveirense para subir o 1-2 ó marcador. Xarro de auga fría para un Sporting que estaba sendo superior e que vía como a mala sorte se volvía cebar con eles. Volveron á carga os de Moirón, e igual que no primeiro tempo os máis activos en ataque foron Javín, Puente e Jorge. Máis tarde sairía Fran por este último, e incluso gozou de unha boa oportunidade , pero a súa boa internada pola esquerda rematou en nada. Xa con dous dianteiros no campo coa entrada de Pablín por Leivas, os locais continuaron acercándose con perigo pero entre o porteiro e a falta de puntería acababan con tódalas aspiracións gualdinegras neste encontro. Mentres, o Sacido dedicábase a defender o resultado e incluso puideron ampliar a ventaxa con algunha xogada aislada. Pero o marcador non se movía, e os pontenoveses vían como se lles escapaba de novo un partido no que foron superiores dende o primeiro momento. Ó final, o marcador non se moveu e os viveirenses leváronse os 3 puntos.
A seguinte cita será a terceira consecutiva na Mina, o próximo sábado ás 16:15. Será ante un rival directo, o Pol dos ex-sportinguistas Miranda, Turbo e Diego Lamas.

No hay comentarios: