martes, 2 de noviembre de 2010

Aut. Xuvenil: Goleada corta ante un Ribadeo inofensivo (7-1)

Chegaba o colista á Mina con 0 puntos no seu casilleiro e sen ningún gol a favor. E a pesar de adiantarse, demostrou de sobra o porqué da súa actual clasificación. O 7-1 final para os de Moirón antóxase incluso corto, pois o Ribadeo pasou pola Mina sen pena nin gloria e non deu a sensación de equipo serio en ningún momento, polo que o partido resultou do máis tranquilo. Con esta victoria, os gualdinegros suman a segunda consecutiva e aséntanse na zona media-alta da táboa.
Era unha boa oportunidade para sumar o segundo triunfo seguido e insuflar de moral ó equipo, pois o Ribadeo chegaba como colista, sen puntuar e sen marcar ata o momento. Pero a sorpresa saltou ós poucos minutos, quizáis pola relaxación coa que saltaron os pontenoveses ó céspede. Nun despiste defensivo adiantáronse os visitantes, e incluso nos 10 primeiros minutos chegaron a inquietar a Marco con algunha ocasión máis. Parecía dormido o Sporting, pero no momento no que despertou, non houbo máis partido. Sergio Arango puxo o empate preto do minuto 20 cun golazo dende fóra da área, e Catalin culminou a remontada poucos minutos despois. A zaga ribadense facía augas e nun tremendo erro dos celestes chegou o 3-1 que sentenciaba o encontro, obra de Catalin de novo logo de desfacerse do porteiro. Así se chegou ó descanso.
Na segunda parte o guión foi o mesmo. Monólogo incontestable dun Sporting que seguía sen atopar rival nun Ribadeo que se desinflaba cada vez máis co paso dos minutos. Picota puxo o 4-1 cun dereitazo dende fóra da área que se colou pola escadra, e Catalin completou a súa exhibición con outros 2 tantos de pillería, totalizando 4 en todo o encontro. O marcador cerraríao Valín á salida dun córner, firmando o 7-1 definitivo.
O próximo compromiso para os de Moirón será o próximo sábado en Pol, ás 16:15 da tarde, nun partido no que intentarán continuar coa boa xeira.

No hay comentarios: