miércoles, 17 de noviembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting volve á senda positiva sacando un empate en Bonxe (1-1)

Despois da dura derrota na Mina ante o Pol, a dúbida era saber se o Sporting se iba repoñer rápidamente do mazazo. E despois do empate en Bonxe diante dun rival directo, pódese decir que os de Moirón melloraron as sensacións pero non foron capaces de levarse un partido no que, a pesar de recibir un gol ó principio do partido, puideron saír gañadores.

Volvían ó equipo César, Fran e Otto como novidades máis importantes respecto ó partido ante o Pol. Pero o guión parecía repetirse e os peores presaxios asomaron nos primeiros minutos. Nada máis empezar, córner a favor do Bonxe, e na saída consiguen poñer o 1-0 tras un despiste defensivo. Poñíase de novo un partido costa arriba para os de Moirón, pero esta vez conseguirían sobrepoñerse e non desmoronarse como no precedente máis cercano. Co paso dos minutos os gualdinegros fóronse asentando no campo e as ocasións foronse creando pouco a pouco. As máis claras nas botas dos tres de arriba, Jorge Moirón, Puente e Javín. Todos eles gozaron de oportunidades man a man co porteiro, pero a falta de pegada volveu a manifestarse. Pero a 10 minutos do descanso, Javín non fallaría. Nunha gran xogada na que Otto chega á línea de fondo, consigue dar o "pase da morte" e o 9 pontenovés resolve poñendo a igualada no marcador. Estábao merecendo o Sporting, que conseguiu chegar ó descanso co partido empatado.
O segundo tempo iniciouse cun guión parecido ó do primeiro, pero as ocasións claras non acababan de chegar para ningún dos dous bandos. O Sporting, basado nunha defensa ben plantada, estaba encontrando a súa arma nas saídas ó contragolpe gracias á velocidade dos seus homes de arriba. Coa entrada de Catalin no sitio de Otto déuselle frescura ó equipo e creáronse algunhas ocasións perigosas, pero nin Javín, nin Fran nin Puente foron capaces de conseguir o gol da victoria. Tampouco o Bonxe tivo ocasións destacadas, polo que o marcador non se moveu e o 1-1 foi o resultado definitivo.
A pesar deste punto, o Sporting continúa como farolillo rojo da categoría, empatado co Meira. O seguinte compromiso será na Mina, o próximo sábado ás 4 da tarde ante o Roupar, 14º clasificado con só un punto máis que os de Moirón.

No hay comentarios: