Sábado 13 de Novembro, 16:15 h.Autonómica Xuvenil, G. VII
7ª Xornada
A MinaSporting Pontenova
C.D. Cospeito
Despois da derrota en Pol, os rapaces do Sporting buscarán un novo triunfo na casa que os consolide na zona media alta na táboa e volva a subir o ánimo logo do pinchazo da xornada pasada. Enfronte un rival perigoso, o Cospeito, que se atopa xusto por diante dos pontenoveses, a só un punto, polo que unha victoria significaría escalar como mínimo un posto na táboa clasificatoria.
Domingo 14 de Novembro, 16:15 h.2ª Autonómica, G. VI
10ª Xornada
TelefunkenBonxe F.C.
Sporting Pontenova
Oportunidade para desfacerse do mal sabor de boca logo do duro golpe do domingo pasado ante o Pol. Será en Bonxe de novo diante dun rival directo. O Sporting, plagado de baixas e con varios xuveniles na convocatoria, intentará recuperar a boa senda e olvidarse do batacazo sufrido na Mina hai 7 días, que lle fixo volver ó farolillo logo de varias xornadas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario