miércoles, 17 de noviembre de 2010

Aut. Xuvenil: Traballada victoria ante un rival directo, o Cospeito (3-0)

Bo partido o vivido na Mina o pasado sábado. Visitaba o feudo pontenovés o equipo que os precedía na táboa, o Cospeito, e que se sabía que iba plantexar serias dificultades durante os 90 minutos. E así foi, pero os de Moirón foron mellores e souberon sobrepoñerse a un bo equipo. Esta victoria sérvelles para asentarse na zona media-alta da táboa.

Sabíase que ía ser un partido duro o do sábado, pois o rival estaba só unha posición por diante dos da Mina e unha victoria era necesaria para non descolgarse dos postos altos. De feito, nos primeiros minutos non houbo un equipo dominador, e as oportunidades non eran claras para ningún dos dous contendentes. O Sporting levou perigo sobre todo con tiros lonxanos por parte de Arango, Anxo ou Valín, pero faltáballe claridade arriba para que Catalin ou Villarquide cazasen balóns. O primeiro deles foi tendo ocasións máis claras co paso dos minutos, pero semellaba non estar nada acertado de cara a porta. O Cospeito gozou tamén dalgunhas ocasións para golpear primeiro, froito da calidade dalgún dos seus homes, pero entre Marco e a defensa os locais fóronas solventado. O primeiro gol chegaría cando quedaban 10 minutos para o descanso. Nunha falta lateral, Anxo pon un centro medido para que Camiño conecte un cabezazo precioso que supera por enriba ó porteiro visitante. Golazo para inaugurar o marcador e para marcharse con ventaxa ó descanso.
No segundo tempo o partido creceu en intensidade, pois os 3 puntos en xogo eran moi importantes para calquer bando. Pero foi o conxunto pontenovés o que mellor se plantou no céspede e controlou moi ben a ventaxa que traía do primeiro tempo. Catalin cada vez foi collendo máis protagonismo e buscou o gol con insistencia, pero non daba chegado. Quen si conseguiu ver porta foi Villarquide, que marcou o 2-0 resolvendo un barullo na área e puxo a tranquilidade no marcador cando quedaba aínda media hora por xogarse. Seguiu controlando o partido o Sporting, se cadra con máis contundencia dende o segundo gol, o que empezou a desesperar ós locais que foron subindo a dureza do seu xogo, que acabou sendo triste protagonista no final do partido. Antes diso, cando quedaban 10 minutos, Catalin conseguiu o gol que tanto levaba buscando nunha xogada na que superou ó porteiro con algo de sorte. Despois diso chegou a expulsión dun xogador do Cospeito por agresión, e formouse unha tangana vergonzosa na que participou algún membro do público, polo que o árbitro optou por dar o encontro por concluído a poucos minutos do final reglamentario.
Con este triunfo, os de Moirón aséntanse na parte media-alta da táboa. Na próxima xornada visitarán o Sagrado Corazón, o sábado en Lugo. 

No hay comentarios: