miércoles, 10 de noviembre de 2010

2ª Autonómica: O Pol deixa en evidencia ó Sporting nunha tarde negra (1-5)

Cinco minutos durou o partido do pasado domingo, que foi o que tardou o Pol en conseguir os dous primeiros tantos. Nunha tarde fría na Mina, o visto no céspede non axudou en nada a quencer o ambiente. O Pol, que chegaba nunha situación similar ós pontenoveses, saiu reforzado nun encontro no que marcaron dous ex-sportinguistas, Turbo e Diego Lamas. O gol da honra para os locais foi obra de Manu. No banco visitante outro ilustre ex do Sporting, Xosé Manuel Miranda.

Era un encontro para escapar da zona perigosa, pois o rival era propicio. O Pol, que estaba a só un punto dos de Moirón, chegaba coa moral alta logo de golear ó Cospeito na xornada anterior, e demostrou dende o primeiro momento que non estaba na Mina de visita. Tanto foi así que se adiantou ós dous minutos, cun cabezazo logo dun saque de falta lateral. E sen tempo para reaccionar, no minuto 5 conseguiron o segundo por parte de Diego Lamas, ex da Mina. Moi costa arriba se poñía o encontro para os locais, que lonxe de reaccionar seguíronse vendo superados polos vermellos. Catalin, debutante co primeiro equipo, intentouno con algunha internada pero a maior corpulencia dos zagueiros rivais puido co seu descaro. Puente estivo activo como de costumbre pola outra banda, pero tampouco foi o seu día. En punta, Javín seguía buscando un gol para acabar coa mala racha pero tampouco foi a súa tarde. E para acabar de estropeala cando quedaban escasos minutos para o descanso, nunha mala cesión de Gene un dianteiro adiántase a Xoel, que o derriba dentro da área cometendo penalti. Gol é ós vestiarios con 0-3.
Esperábase a reacción dos gualdinegros no segundo tempo. Parecía que saían máis enchufados, pero as ocasións claras non acababan de chegar. Perdíase pouco a pouco a esperanza, e máis cando o árbitro se comeu un claro penalti sobre Jorge Moirón, que tivo que ser sustituído por culpa dese lance, pois a entrada do defensor provocoulle unha ferida na perna. Aínda así, o xogo continuou e a xogada saldouse sen castigo. Pouco despois chegaría o gol local, que abría un fío esperanzador. Nunha falta dende 30 metros sacada por Manu, o balón acaba dentro da portería logo de botar e despistar o porteiro, que puido facer moito máis. Animábase o Sporting, que subía a intensidade para buscar o segundo. Pero nada máis lonxe da realidade. Minutos despois, nunha xogada desafortunada, chegaría o 1-4. Un balón bombeado ó que chegaba cómodamente Xoel quédase parado por culpa do campo embarrado e éste non acerta a despexalo. Turbo, que pasaba por alí, só tuvo que empuxalo á rede. E por se fose pouco, preto do final o Pol cerrou o marcador cun golazo nun duro disparo que se colou pegadiño ó pau, o que supuxo o definitivo 1-5. E non houbo tempo para máis.
Esta dura derrota deixa ó Sporting nunha situación moi complicada, pero a próxima fin de semana terá outra oportunidade ante outro rival directo. Será no campo de Telefunken ante o Bonxe, o domingo ás 16:15 da tarde.

No hay comentarios: