domingo, 2 de enero de 2011

O Sporting faise co "III Trofeo de Reis-Vila de Sarria"

Esta tarde celebrouse no campo da Ribela de Sarria a 3ª edición do Trofeo de Reis-Vila de Sarria. Disputáronse dous partidos entre o Sporting Pontenova e o Sarria S.D., un entre o primeiro equipo de ambas entidades e outro de categoría xuvenil. O mellor dos dous partidos sería o que se levase a victoria no torneo.
Ás 5 da tarde saíron a escea os equipos de rexional. O Sporting levou o control en todo momento e puido conseguir un amplo resultado, pero a falta de pegada volveuse a evidenciar novamente. Manu fixo o 0-1 para os gualdinegros de maneira espectacular, no primeiro segundo da segunda parte, enviando directamente ó fondo das redes o saque de centro. Pero no desconto os locais conseguiron a igualada deixando en empate o primeiro dos encontros, polo que todo se decidiría no partido entre os equipos xuveniles.

Ás 7 comezou un choque no que ss locais eran claros favoritos, pois militan en Liga Galega. Pero os de Moirón non se achicaron ante este feito e deron a cara en todo momento, levándose a victoria cun gol de Catalin nunha xogada con moita fortuna, pois un despexe do gardameta impactou na espalda do dianteiro gualdinegro e rematou co balón colándose na portería. A partir de ahí, o Sarria volcouse na búsqueda do empate e tivo varias ocasións claras, pero o marcador non se moveu e o trofeo acabou en mans pontenovesas.
A competición voltará para o primeiro equipo o próximo fin de semana ante o Cospeito na Mina e para o xuvenil o día 15, ante o Alfoz.

1 comentario:

serafin dijo...

Os xuveniles volven descansar en Liga a vindeira xornada, é posible que xoguen un amigable en Castro contra o equipo xuvenil en horario matinal.