miércoles, 14 de diciembre de 2011

2ª Autonómica: Empate en Cospeito con sabor a pouco

O pasado domingo o Sporting visitou o campo da Fonte, en Cospeito, para enfrontarse a un dos conxuntos que en teoría vai pelexar polos mismos obxetivos que os de Moirón. Foi un partido no que o peso do mismo recaeu case na súa totalidade no conxunto local, diante dun Sporting moi forte en defensa e que non pasou serios apuros a pesar do mellor fútbol dos vermellos. Ó descanso chegouse co 0-0, pero o segundo tempo comezou cun claro penalti cometido sobre Puente, que Fran foi capaz de transformar logrando o 0-1 para os visitantes.
Poucos minutos despois o Cospeito logrou empatar tras unha boa xogada pola banda dereita, rematando un xogador local en boca de gol. Pero os de Moirón non lle perderon a cara ó partido e rápidamente Puente tivo unha clarísima oportunidade para volverse adiantar, pero fallou na definición cando xa se plantara só diante do porteiro. Seguían dominando os locais, pero as ocasións máis claras eran para os gualdinegros. O seguinte foi Fran, que controlou un gran pase longo de Rivas e, dende o punto de penalti, mandou un dereitazo que impactou na cara do porteiro, desviándo o balón o xusto para que marchara por encima do travesaño. E xa nos minutos finais, Jorge volveu a desbordar por banda esquerda e cando xa se dirixía en solitario hacia a portería, foi cazado por detrás ó borde da área por un zagueiro local. Roja directa e falta moi perigosa. Dispara Fran, a media altura e con moita forza ó lado do gardameta, que despexa caéndolle o rechace a Manu e este, libre de marca e co porteiro no chan, cabecea alto cando xa se cantaba o gol do triunfo. Non houbo tempo para máis, reparto de puntos nun partido no que os de Moirón puideron saír victoriosos, non por xogo pero si por oportunidades.

No hay comentarios: