miércoles, 21 de diciembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting acusa a falta de pegada e sufre para vencer ó Folgueiro

Partido de tolos o vivido na Mina o pasado domingo. Ocasións, goles, remontadas, intensidade... tivo de todo o encontro, que se acabou decidindo no último suspiro gracias a un gol do xuvenil Anxo. Necesitaba esta victoria o conxunto gualdinegro para confirmar a boa xeira e marchar ó parón de Nadal nunha situación máis tranquila na táboa.

Na primeira xogada do partido Puente xa estivo a punto de inaugurar o marcador, quedándose só diante do porteiro logo dun fallo do central, pero a súa vaselina foise demasiado alta. Pouco despois volveu a gozar doutra oportunidade cun remate de cabeza desviado. As oportunidades estabas sendo para os locais, pero o Folgueiro tamén dispoñía de algún acercamento, aínda que con pouco perigo. E así chegou o primeiro tanto, obra de Fran, que partindo dende a banda dereita foise metendo ata o borde da área para soltar un zurdazo que se colou pegadiño ó pau da portería visitante. Facíase xusticia no marcador, visto o visto no terreo de xogo. Pero pouco durou a ledicia, e unha pérdida de balón no mediocampo acabou cun contragolpe que, axudado por unha falta de entendemento entre a defensa e Marco, provocou o empate dos vermellos. E nada máis sacar, pase en profundidade hacia a banda dereita, o atacante gáñalle a Villy por velocidade e define cun gran remate poñendo o 1-2 en só 2 minutos. Xarro de auga fría para os pontenoveses, que se vían por detrás nun partido no que estaban sendo moi superiores. A partir dese gol os de Moirón volveron a apretar, e as ocasións seguiron chegando de forma continuada, protagonizadas case sempre por Puente, Jorge ou Fran. Outra clara do 9, desviada polo porteiro, acabouna resolvendo Carlos na área pequena devolvendo o empate ó marcador. Quedaba pouco para o descanso, e non se movería o resultado.
No segundo tempo as tornas non mudaron, e os de Moirón seguiron exercendo un dominio incontestable. O gol víase vir, era cuestión de tempo, pero co paso dos minutos o nerviosismo iba en aumento e chegouse incluso a temer polo partido. As ocasións volveron a aparecer rápidamente, outra vez co protagonismo de Puente, auténtico incordio para a defensa do Folgueiro. Dispuxo de ata 4 man a man co porteiro, pero unhas veces a puntería, outras o gardameta, outras a mala sorte... acababan por dar ó traste cos seus intentos. Non era o día de cara a porta do dianteiro pontenovés, a pesar de firmar un gran encontro. Nunha das veces que conseguiu superar ó meta rival, apareceu un defensa para poñerse no camiño do balón cara a portería cando xa se cantaba o gol. Esa ocasión xa foi o colmo, e parecía que os da Mina non iban ser capaces de vencer un partido no que estaban aplastando ó rival. Pero a sorte sorríu, case no último minuto, cando á saída dun córner, e despois de varios rexeites, apareceu Anxo para fusilar a meta do Folgueiro poñendo o 3-2 que á postre significou a victoria do Sporting. Premio para o xogador do equipo xuvenil, que está participando con regularidade nos últimos partidos do primeiro equipo e rendido a un gran nivel.
Con estes 3 puntos, os pontenoveses quedan na 11º posición con 16 puntos, nun posto relativamente tranquilo e cerca da metade alta da táboa. O próximo compromiso será xa no ano 2012, logo do parón de Nadal, na fin de semana do 8 de xaneiro ante o Sacido, en Viveiro.

No hay comentarios: