O Sporting Pontenova está de loito polo falecemento dunha das persoas máis queridas pola familia gualdinegra. "O Catedrático", como así se coñecía a José Luis García Abelleira, faleceu o pasado domingo aos 63 anos de idade. Abelleira foi un dos fundadores do clube, alá polo 1979, e un dos xogadores locais con máis tradición, formando parte en numerosas ocasións do Puentenuevo F.C., equipo predecesor do Sporting e que competía nos pobos da rodeada.
![]() |
Abelleira, de pé, terceiro pola esquerda |
Máis tarde militou no Sporting Pontenova, primeiro no terreo de xogo e despois como adestrador, convertíndose probablemente no máis importante da historia do equipo, acadando numerosos títulos en categorías rexionais e sentando a base para acadar o logro máis importante do clube, o ascenso a 3ª División na temporada 1999/2000, xusto despois de que "O Catedrático" abandonase o clube por problemas de saúde. Descanse en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario