martes, 13 de diciembre de 2011

2ª Autonómica: Iván Rañón abandona o Sporting para regresar ó Celta Barreiros

O xogador da primeira plantilla Iván Rañón, que chegou o ano pasado coa temporada xa comezada, disputou ante o Celta Barreiros o seu último partido como futbolista do Sporting Pontenova, e foi precisamente ante o que a día de hoxe é o seu novo equipo. Nese partido, ademais, firmou dous goles e unha gran actuación ante o colista da táboa, ó que se incopora por motivos persoais e para axudarlles a acadar o obxetivo da permanencia. Este temporada estaba tendo un papel secundario no plantel de Moirón, pois só disputara dous partidos de Liga, os dous na Mina, ante o Meira e o citado anteriormente. De parte do Sporting Pontenova, non queda máis que desexarlle moita sorte na súa nova andadura.

No hay comentarios: