miércoles, 9 de diciembre de 2009

2ª Autonómica: O Folgueiro frena a boa racha do Sporting vencendo na Mina (1-2)

A tarde desapacible e o pouco público presente na Mina parecían presaxiar un partido pouco favorable para os pontenoveses. Enfronte estaba o Folgueiro, situado no vagón de cabeza da competición e que dende o primeiro minuto deu a sensación de ser un equipo forte.
O partido comezou igualado, cun Sporting que buscaba facer da Mina un fortín, pois está sendo o seu punto débil esta campaña. Parecía que os de Sachas controlaban o balón pero os visitantes, cada vez que aparecían, poñían en serios apretos ós locais. Foi o Folgueiro o primeiro en golpear. Saque de esquina dende a banda dereita, o balón colgado vaise pechando e cólase na portería de Juanki por toda a escadra, logo de petar no pau. Un dos goles máis fermosos que se recordan na Mina, pois o golpeo do xogador viveirense foi perfecto e o balón entrou limpamente polo segundo pau. Logo do gol o Sporting tivo algunha boa ocasión para empatar. Maqueto e Fran estiveron moi cerca pero foi Javi, a escasos minutos do descanso, quen puxo as táblas no marcador. O dianteiro pontenovés cazou un rexeite no borde da área e batiu o porteiro rival de vaselina e cunha pizca de fortuna. Puidéronse adiantar pouco despois os visitantes de novo nunha falta lateral que sacou o mesmo xogador que conseguira o gol, e cun tiro exactamente igual pero que nesta ocasión se foi ó pau. O gol de Javi serviu para marchar ó descanso con boas sensacións logo dunha primeira parte moi correcta.
O segundo tempo comezou co hándicap de xogar en contra do aire, xa que na primeira metade non puideron aproveitar o feito de contar con él a favor. Os segundos 45 minutos foron moi disputados, pois ambos equipos necesitaban a victoria e saíron a por ela dende o principio. Calquera dos dous conxuntos tiveron oportunidades, algunha moi boa do Sporting, pero parecía que o balón non quería entrar, e pouco a pouco o Folgueiro parecía estirarse e comezou a poñer en serios apuros ós da Mina. Ata que, a 10 minutos do final, conseguiron o definitivo 1-2 nun despiste da zaga pontenovesa e de Juanki. Con ese resultado chegou o pitido final.
Logo desta derrota os de Sachas ven frenado o seu ascenso e quédanse no posto 11º empatado a puntos co Bonxe, 10º, e co Luis Pimentel, 12º. Os postos perigosos quedan a 6 puntos, mentres que as posicións de privilexio quedan xa un pouco máis lonxe. O seguinte encontro disputaráse a próxima fin de semana, no Campo da Veiga en San Ciprián ante o colista da categoría.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alguen se teria que despistar, ou non. Juanky.