martes, 22 de diciembre de 2009

Aut. Xuvenil: Os xuveniles despiden o ano cunha goleada a domicilio ante o Pol (0-3)

Importante victoria a que logrou o Sporting Pontenova xuvenil no Manuel Luna. O partido disputouse o pasado domingo pola mañá baixo un intenso frío e cun campo totalmente xeado, ademáis de estar moi irregular.
A pesar do frío e do estado do terreo de xogo os rapaces de Moirón desplegaron un fútbol vistoso ante o que nada puido facer o conxunto local, que tivo na súa primeira xogada a mellor ocasión da que dispuxo en todo o partido, nun man a man que Xoel solventou perfectamente. A partir diso, o Sporting encerrounos no seu campo e só conseguiron pasar do medio con algún despexe dende a defensa. Os pontenoveses dedicáronse a tocar o balón polas bandas, que era onde mellor estaba o campo dentro do que cabe, tirando paredes e desbordando con facilidade ós laterais. O primeiro gol chegou a balón parado, cunha falta directa executada por Turbo cun tiro seco e na que puido facer bastante máis o porteiro. Precisamente este xogador volvía a Pol logo de abandonar ese equipo este verán rumbo á Pontenova. O segundo tanto veu logo dunha fermosa xogada na que participaron Antón, Tontxu, Turbo e Christian, que centrou raso para que Antón rematase en boca de gol. A sentencia chegou pouco antes do remate do primeiro tempo cun pase de Arango por encima dos centrais, entre os que se colou Matelo para definir por alto ante o gardameta. Así se chegou ó descanso.
Na segunda parte o guión non cambiou e os visitantes continuaron dominando por completo o balón, aínda que non lograron materializar ningunha das múltiples oportunidades das que dispuxeron, polo que o marcador non se moveu e rematou co 0-3.
Con este triunfo os pontenoveses manteñen o liderato con 5 puntos de distancia sobre o Foz e 7 sobre o Sagrado Corazón, que visitará a Mina dentro de 3 semanas logo do parón de Nadal. Agradecer de novo o apoio das numerosas persoas que, a pesar do horario e do tempo, acompañaron ó equipo neste desplazamento.

Crónica enviada por Sergio Arango.

No hay comentarios: