martes, 15 de diciembre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting non pasa do empate sen goles no campo do San Ciprián

O pasado sábado visitaba o Sporting Pontenova a cancha do colista, o San Ciprián. As baixas volveron a condicionar o once de Sachas, que tivo que convocar a tres xogadores do equipo xuvenil, que descansaba este fin de semana. Christian e Tontxu participaron no encontro, sendo dous dos destacados na segunda parte. Xoel viu todo o partido dende o banquillo. Foi un choque donde os da Mina puideron levarse os 3 puntos en varias ocasións moi claras, pero nuns casos a falta de puntería e noutros a escasa fortuna provocaron que o marcador dos pontenoveses quedara a 0. Maqueto e Iván tiveron oportunidades moi claras no primeiro tempo para inaugurar o contador, pero non era o día, xa que tampouco Puente ou Javi foron capaces de perforar a portería local. Na segunda parte a ocasión máis clara foi unha falta botada por Manu que se estrelou contra o largueiro cando xa se cantaba o gol, pero tamén houbo máis xogadas de perigo por parte do Sporting que ó final vería como se marchaba do partido con un só punto que sabe a pouco, tendo en conta tamén que o San Ciprián xogou con 10 moitos minutos e con 9 dende o 45 da segunda parte.
Con este empate os de Sachas quedan no posto 12º con 17 puntos en 14 partidos, a 2 de distancia do Luis Pimentel, 11º, e tamén a 2 do Mondoñedo, 13º. O Candelaria marca o límite coa zona peligrosa, quedando xa a 5 puntos de distancia. Por outra parte, as plazas de ascenso quedan un pouco máis lonxe, concretamente a 9 puntos. O seguinte partido será na Mina o próximo domingo ás 4 da tarde ante o Novas Raíces de Galdo.

No hay comentarios: