
A primeira parte estivo marcada polo dominio case total do balón por parte dos visitantes, polo que dispuxeron de numerosas ocasións para marcar. O primeiro gol foi obra de Matelo logo de transformar un penalti cometido sobre Antón. O segundo, obra de Turbo, foi unha das xogadas máis fermosas do partido. Turbo recolle un balón no medio campo e logo de trenzar dúas paredes con Tontxu abre á banda dereita donde Christian lle serve ó punto de penalti un balón raso que o propio Turbo coloca na escadra da portería local. Co 0-2 fóronse ós vestiarios.
Na segunda parte o Sporting continuou co seu fútbol e dominando en todo momento a posesión do esférico. O terceiro tanto chegou mediado o segundo tempo, logo dun gran pase en profundidade de Ayoub para Antón, que bate por baixo ó porteiro do San Ciprián deixando o encontro visto para sentencia. O gol de honra dos locais chegaría a falta de 5 minutos para o remate mediante unha vaselina que superou a Xoel, que se encontraba adiantado. Con resultado de 1-3 rematou un partido controlado de principio a fin polos pontenoveses.
Con esta victoria os da Mina logran manter o liderato do grupo e conseguen de forma matemática o "título" de campións de inverno. A próxima xornada o Sporting Pontenova descansa, polo que o seguinte encontro será dentro de 15 días ante o Pol no Manuel Luna, no que significará o comezo da segunda volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario