Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 1 - 0 Meira F.C
Goles: 1-0 Otto
sábado, 30 de enero de 2010
viernes, 29 de enero de 2010
A xornada
- Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.

Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Meira F.C.
Nova oportunidade para que os de Sachas encadenen por fin unha boa racha. Logo dunha victoria importantísima en Rúa ante o Candelaria, non exenta de polémica, os pontenoveses buscarán alonxarse un pouco máis dos postos peligrosos e para eso terán que superar ó Meira, que está completando unha gran temporada e que actualmente se sitúa 5º, aínda que só a 3 puntos dos da Mina. Espérase un bo ambiente no feudo pontenovés nunha nova edición dun dos clásicos comarcais dos últimos anos.
- Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.

Xornada 20
A Marosa (Burela)
S.D. Burela - Sporting Pontenova
Moi complicada a visita que afrontarán mañá sábado os de Moirón, que viaxarán a Burela para enfrontarse ó equipo local no campo da Marosa. O Sporting continuará líder unha xornada máis gracias ó colchón de 6 puntos que os separa do segundo, pero o rival neste fin de semana será unha dura proba para volver a demostrar a superioridade dos pontenoveses na competición.
jueves, 28 de enero de 2010
2ª Autonómica: A Federación dálle a victoria ó Sporting no encontro ante o San Ciprián, que acabara en empate

2ª Autonómica: Importantísima victoria en Rúa ante o Candelaria nun partido moi polémico (1-2)

Dende o primeiro minuto visualizouse o que iba ser o encontro: o estado do terreo de xogo era lamentable, case impracticable, polo que o fútbol directo acabou por establecerse en ambos conxuntos e o pelotazo convertiuse no recurso máis utilizado. Isto, unido ó xogo duro desplegado por parte dos locais, non axudou a ver un fútbol demasiado vistoso. Aínda así, os de Sachas controlaron o partido en todo momento e non pasaron excesivos apuros, incluso puideron adiantarse nunha xogada na que Javín consegue superar o porteiro pero o balón quedou freado nunha poza, polo que finalmente conseguiu atrapalo. Con boas sensación marcháronse ós vestiarios, pero co 0-0 inicial.
No segundo tempo medrou a intensidade do choque, e a veteranía dos de Devesa saíu a relucir en varias accións. Pero os de Sachas non lle perderon a cara ó encontro e continuaron dominando sen conceder prácticamente ocasións. Así, arredor do minuto 15, un gran pase de Villy á espalda da defensa chégalle a Javín, que define de maneira perfecta colocando o 0-1 no marcador e facendo xustiza ó visto no "céspede". Seguiron os pontenoveses controlando ben o xogo, pero nunha xogada moi rigurosa chegaría o empate do Candelaria. Á saída dun córner, o balón rebota en Manu e chega ás maus de Juanki. O árbitro, incompresiblemente, pita libre indirecto a escasos metros da portería. No saque, e con todo o equipo na barrera, o balón consigue superala e entra pegadiño ó pau da portería. Non baixou os brazos o Sporting e 10 minutos despois, quedando 15 para o final, volveu a poñerse por diante nunha xogada na que Cholas centra dende a banda dereita ó segundo pau dónde Javín fai unha deixada perfecta para que Maqueto marque a placer de cabeza. Volvían a poñerse por diante os da Mina nun partido no que estaban demostrando a súa superioridade, e non volveron a pasar apuros de ahí ó final do partido, mostrándose moi serios en defensa. Incluso puideron ampliar a vantaxe quedando 3 minutos para o final, nunha xogada na que Javín e Javi dirixíanse completamente sólos hacia a portería cervense logo de superar a toda a defensa. Pero nese momento producíuse a xogada máis lamentable e surrealista do partido. Ó porteiro suplente do Candelaria, que estaba no banquillo, non se lle ocurriu mellor maneira de evitar o gol que tirando un balón para cortar o ataque pontenovés. O resultado, só unha tarxeta amarilla e unha tangana importante entre os xogadores visitantes contra a grada e o banquillo. Aínda así, o partido rematou cunha gran victoria dos de Sachas ante un rival directo que sirve para aumentar distancia cos postos de descenso, un deles ocupado precisamente polo Candelaria.
O seguinte partido será un atractivo derbi na Mina ante o Meira, 5º na táboa a só 3 puntos do Sporting, que agora sitúase 10º con 23 puntos no casilleiro.
miércoles, 27 de enero de 2010
Aut. Xuvenil: Victoria traballada na Mina ante un correoso Meira (2-0)

A primeira parte comezou cun claro dominio do balón que se prolongaría durante a maior parte do partido. O Meira, moi pechado atrás, non deixaba ocos pero aínda así os rapaces de Moirón lograron rápidamente o primeiro gol, obra de Tontxu cun disparo cun disparo cunha rosca perfecta que se colou pola escadra da portería logo de coller un rexeite na frontal. Logo, o equipo local non cesou no seu empeño de aumentar o resultado, pero Antón, Ayoub por tres veces e Turbo non foron capaces de lograr marcar.
A segunda parte tivo o guión da primeira cun Sporting dominador nun campo case impracticable. As oportunidades seguíanse sucedendo pero sen sorte. A entrada de Matelo por Ayoub servíu para que o primeiro nada máis saltar ó campo dispuxera de dúas claras oportunidades pero foi Turbo cunha internada polo centro quen batiu por baixo ó porteiro visitante subindo o segundo ó marcador. Logo do gol da tranquilidade chegou o carrusel de cambios por parte de ambos equipos ata que finalizou o partido. Unha vez máis, é de agradecer o apoio de toda esa xente que semana tras semana vai apoiar ó equipo, tanto na Mina como nos desplazamentos.
O vindeiro encontro será na Marosa, ante o Burela, un bo equipo que conseguiu empatar co Foz na anterior xornada.
Crónica enviada por Sergio Arango.
sábado, 23 de enero de 2010
Resultados
Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 18
A Granda (Rúa, Cervo)
S.D. Candelaria 1 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín, 1-2 Maqueto
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 18
A Granda (Rúa, Cervo)
S.D. Candelaria 1 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín, 1-2 Maqueto
Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 0 Meira F.C.
Goles: 1-0 Tontxu, 2-0 Turbo
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 0 Meira F.C.
Goles: 1-0 Tontxu, 2-0 Turbo
viernes, 22 de enero de 2010
A xornada
- Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.

Xornada 18
A Granda (Rúa, Cervo)
S.D. Candelaria - Sporting Pontenova
Afrontan os de Sachas un novo test ante un rival directo, o Candelaria. Situado na penúltima posición da táboa, os de Devesa protagonizaron unha bonita loita co Sporting ó final da temporada pasada por lograr o ascenso, facéndose os da Pontenova coa última plaza que daba acceso ó salto de categoría, aínda que os de Cervo acabarían ascendendo pola desaparición do Muras. Vendo os precedentes, o ánimo de revancha será un aliciente máis para presenciar un partido cheo de intensidade nas últimas edicións, e que significará un impulso importante de cara á permanencia para o que resulte vencedor.
- Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.

Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Meira F.C.
"Derbi" comarcal o que se disputará mañá sábado na Mina. O Sporting, líder destacado da categoría, recibe a un Meira que se motiva especialmente neste tipo de partidos, polo que será un rival perigoso e que seguramente traerá un bo número de afeccionados ás bancadas debido á proximidade entre pobos, polo que o duelo entre afición tamén será importante. De saír gañadores, os de Moirón darán outro pequeno paso para acabar a Liga como primeiro clasificado.
lunes, 18 de enero de 2010
2ª Autonómica: O Sporting complícase a vida perdendo no último suspiro ante o Mondoñedo (1-2)

Creceu en intensidade o partido co inicio do segundo período. Os de Sachas gañaban terreo co paso dos minutos e as oportunidades non tardaron en producirse. Javi e Javín foron un auténtico incordio para os defensores rivais durante os segundos 45 minutos, e foi o pontenovés quen tivo a primeira ocasión nunha xogada na que disparou case sen ángulo cando varios compañeiros esperaban o "pase da morte", pero a pelota rematou en córner desviado polo porteiro. As bandas tamén foron un recurso bastante utilizado gracias á calidade e ó desborde de Iván e de Otto, así como as aparicións de Marcos Conde subindo a banda dereita. Por alí chegaron en varias ocasións pero por un motivo ou por outro non se materializaban. Mediado o segundo tempo chegou o ansiado empate. Xogada moi parecida á anterior oportunidade de Javi, pero nesta ocasión consegue sacar o pase atrás e aparece Javín para empuxar o balón conseguindo o merecido empate para os de Sachas. O partido estaba moi controlado e parecía cuestión de tempo que chegara o gol da victoria, e aínda máis cando os da cidade diocesana quedaron con un home menos por unha expulsión por doble amarela. Outra vez Javi tivo o gol nas súas botas, pero cruzou demasiado o balón nunha xogada na que encarou só ó gardameta visitante. Os minutos pasaban e o marcador non se movía, pero os pontenoveses seguían asediando o marco visitante. Quedando 5 minutos tívoa Javín nunha xogada embarullada dentro da área, pero o seu remate de pícaro sacouno o porteiro mindoniense cando o balón se colaba pola escadra e cando xa se cantaba o gol na Mina. Pero a mala sorte volveuse a cebar co Sporting. No minuto 95 e nun dos únicos acercamentos do Mondoñedo á meta de César neste segundo tempo, o balón acaba en córner. A zaga pontenovesa despexa o balón, que cae nos pés dun xogador visitante que volve a colgar o balón na área, collendo á defensa sportinguista saíndo, e deixando sós a 3 rivais. O árbitro non ve fóra de xogo e a xogada acaba no gol que significou a derrota. Non houbo tempo para máis.
Con esta derrota o Sporting queda no posto 13º con 18 puntos, a 3 do 14º, o Parga, pero só a 3 do 9º, posto que agora ocupa o Mondoñedo. Os dous últimos da clasificación son o San Ciprián e o Candelaria, con 5 e 12 puntos respectivamente. Precisamente os de Rúa serán os próximos rivais dos de Sachas, o próximo fin de semana na localidade cervense, nun partido que será tamén clave para alonxarse dos postos de perigo.
Aut. Xuvenil: O Sporting non ten piedade dun Ribadeo moi inferior e golea de novo (0-5)

O segundo tempo comezou como rematou o primeiro, cun monólogo pontenovés dende o pitido inicial, aínda que con dificultades de cara a porta pois as oportunidades foron moi numerosas e o marcador estaba sendo corto polo visto no terreo de xogo. O 0-4 parecía resistirse pero por inercia acabou chegando, sendo Christian o encargado de conseguilo mediado o segundo período. As ocasión sucedíanse e o Ribadeo íase desmoronando co paso dos minutos véndose superado por un Sporting que non lles deu tregua e non lles concedeu nin media oportunidade para inaugurar o seu casilleiro. O definitivo 0-5 produciuse co partido xa morrendo, obra de Matelo, o que significou un novo hat-trick do punta e o colofón a un partido no que se volveu a demostrar a superioridade dos de Moirón nesta Liga.
Con esta victoria, o Sporting Pontenova segue de líder unha semana máis. O cambio máis importante na táboa prodúcese no segundo posto, pois agora o que ocupa esa praza é o Lourenzá a 6 puntos dos pontenoveses. Persígueno o Foz e o Sagrado Corazón. O seguinte encontro será na Mina o próximo fin de semana ante o Meira, nun partido sempre moi disputado debido á rivalidade existente entre os conxuntos.
domingo, 17 de enero de 2010
Resultados
Sábado 16 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 18
A Devesa
Ribadeo F.C. 0 - 5 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Matelo, 0-2 Matelo, 0-3 Turbo, 0-4 Christian, 0-5 Matelo
Domingo 17 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 17
Campo da Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 Mondoñedo Ciudad
Goles: 1-1 Javín
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 18
A Devesa
Ribadeo F.C. 0 - 5 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Matelo, 0-2 Matelo, 0-3 Turbo, 0-4 Christian, 0-5 Matelo
Domingo 17 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 17
Campo da Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 Mondoñedo Ciudad
Goles: 1-1 Javín
jueves, 14 de enero de 2010
A xornada
- Sábado 16 de Xaneiro, 16:00 h.

Xornada 18
Pepe Barrera (Ribadeo)
Ribadeo F.C. - Sporting Pontenova
Retoma o líder a competición logo de casi un mes de parón. Será coa visita ó campo dun sempre complicado Ribadeo, instalado na metade da táboa e que leva varios partidos sen sacar un resultado positivo como local, polo que sairá a por todas diante dos de Moirón. Os pontenoveses, pola súa parte, intentarán continuar a espectacular racha de xogo e victorias coa que remataron o ano.
- Domingo 17 de Xaneiro, 16:00 h.

Xornada 17
Campo da Mina
Sporting Pontenova - Mondoñedo Ciudad
Volve o fútbol á Mina, e será cun dos clásicos do fútbol comarcal que vai enfrontar ó Sporting co Mondoñedo do ex-sportinguista Noly. Será, presumiblemente, un encontro moi disputado pois ambos conxuntos están empatados a puntos na táboa e intentan escapar dos postos de descenso, situados agora mesmo a 6 puntos de distancia. O que saia gañador da Mina sairá moi reforzado moralmente pois deixará a 3 puntos a un rival directo.
sábado, 9 de enero de 2010
Neve no Campo da Mina
viernes, 8 de enero de 2010
Suspendidos os partidos desta fin de semana

Suscribirse a:
Entradas (Atom)