miércoles, 23 de noviembre de 2011

2ª Autonómica: O Matela remonta e o Sporting suma a terceira derrota consecutiva

Cinco partidos sen gañar e tres derrotas consecutivas, ese é o peligroso balance dos de Moirón nas últimas xornadas. O pasado domingo era unha boa ocasión para cambiar esa mala xeira, pois o Matela estaba nunha situación parecida ó Sporting. Pero chegaban os da Mina moi mermados polas baixas, con varios xuveniles na alineación, aínda que o seu rendemento foi moi alto e o equipo respondeu ben, pois Javín adiantou ós visitantes no primeiro tempo cun golazo de vaselina para poñer fin así á sua mala racha goleadora. Pero no primeiro minuto da segunda parte os locais puxeron a igualada, e minutos mais tarde a mala sorte volveuse a cebar cos pontenoveses e Villy firmou en propia porta o gol que á postre significaría a derrota. 2-1 para o Matela, un resultado que deixa ós gualdinegros con 9 puntos moi cerca dos postos perigosos da táboa. O próximo compromiso será o vindeiro sábado ante o último clasificado, o Celta Barreiros, ás 4:15 no Campo da Mina.

No hay comentarios: