martes, 8 de noviembre de 2011

Aut. Xuvenil: Victoria sufrida ante o Foz para colocarse segundos na táboa

Importante victoria do xuvenil do Sporting Pontenova ante un sempre favorito Foz, que non chegou á Mina no seu mellor momento pero que puxo en serios apuros ós de Moirón no segundo tempo, logo de chegar ó descanso cun tranquilo 2-0 para os locais. O protagonista, o de case sempre, Catalin, que firmou un novo doblete na súa conta particular para aupar ó Sporting ó segundo posto da clasificación.

Test serio para o Sporting Pontenova coa visita do Foz á Mina, conxunto que brindou algunhas das mellores tardes de fútbol no feudo pontenovés nos últimos anos. A climatoloxía non axudaba nada a presaxiar un partido bonito, pero os locais encargáronse, con bo fútbol, de facer máis levadeira a tarde de chuvia para os afeccionados que se acercaron ó campo. E máis cando, cando se levaban poucos minutos disputados, Marco saca en longo buscando a Catalin e este, ante o fallo da defensa roxiblanca, recibe só e define cunha preciosa vaselina que se cola subindo o primeiro ó marcador. Estábano merecendo os de Moirón ata ese momento, e non pararon de buscar o segundo a pesar de atoparse xa en ventaxa. A maioría de accións de ataque tiñan un mesmo protagonista, o mesmo que o do primeiro gol e o mesmo que conseguiría o segundo mediado o primeiro tempo. Catalin volveu a recibir preto da área, e logo de desfacerse da zaga focense batiu ó porteiro cun tiro seco e forte ó primeiro pau. 2-0 para o Sporting, resultado moi xusto polo que se estaba vendo. E así se chegou ó descanso.
No segundo tempo, froito da relaxación dos locais gracias ós dous goles de renta, foi o Foz que levou o peso do partido case dende o primeiro minuto. Aínda así, os de Moirón non lle perderon a cara ó encontro e puideron incluso ampliar a ventaxa, pero foron os visitante quenes recurtaron distancias mediado o segundo tempo. Pero a pesar do empuxe e de poñer en apuros ós pontenoveses en varias ocasións, o marcador final foi un 2-1 moi merecido para o Sporting, que foi moi superior no cómputo global do choque.
Con este triunfo os gualdinegros sitúanse segundos na táboa, só superados polo Pastoricense. O próximo sábado viaxarán a Ribadeo para medirse ó cunxunto local no Pepe Barrera.

No hay comentarios: