miércoles, 2 de noviembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting non pode nin co Parga nin co árbitro

Empate sen goles o pasado sábado no Campo da Mina na visita do Parga. Buscaban os de Moirón certificar con resultados o bon momento de xogo visto nos últimos encontros, pero atopouse cun correoso Parga e cun protagonista co que non se contaba, o colexiado. Os pontenoveses tiveron algunha ocasión clara para adiantarse xa no primeiro tempo, como unha internada de Fran pola esquerda que non atopou rematador ou un disparo de Maketo dende a frontal. Na segunda parte máis do mesmo, partido moi igualado con oportunidades para ambos equipos pero cunha actuación moi discutida do árbitro, que se comeu un claro penalti por mans na área do Parga e pitou varios fóras de xogo en contra do Sporting que foron moi discutidos pola grada e polos xogadores. Moirón rematou expulsado, e a maioría dos xogadores de campo do conxunto gualdinegro remataron o choque con cartón amarelo. E así, co 0-0 inicial, rematou o encontro. O próximo partido será o vindeiro domingo na localidade viveirense de Galdo, ante o Novas Raíces, ás 16:15 da tarde.

No hay comentarios: