martes, 22 de noviembre de 2011

Aut. Xuvenil: O Sporting suma e sigue

O Sporting Pontenova colleitou unha nova victoria o pasado sábado na Mina, ante o Lourenzá. Foi nun partido no que os de Moirón se mostraron moi superiores, deixando o encontro casi sentenciado na primeira media hora cun golazo de Catalin e outro de Anxo á saída dun córner. No segundo tempo, os laurentinos recurtaron distancias pero, pouco despois, de novo Catalin puxo terra de por medio e firmou o definitivo 3-1 que lles permite ós pontenoveses continuar no segundo posto da táboa.

Nova edición dun partido que nos últimos anos se converteu nun dos clásicos da comarca falando de fútbol xuvenil. E, outra vez, nova demostración dos pontenoveses, que demostraron de novo que este ano poden volver a pelexar por cotas altas na competición. Preto do minuto 15 xa inauguraron o marcador cunha obra de arte de Catalin, que rematou un pase longo dende o mediocampo de maneira acrobática, coa espuela e sen deixar caer a pelota, superando o porteiro laurentino cunha vaselina perfecta. E pouco despois chegou o gol da tranquilidade, obra de Anxo rematando de maneira impecable coa cabeza un córner sacado dende a esquina dereita. Dominio total do Sporting, nun partido no que Marco estaba sendo un espectador de luxo, pero que respondeu con acerto cada vez que tivo que intervir. Con ese 2-0 chegaríase ó descanso.
A segunda parte comezou con certa relaxación dos locais, que aínda así non pasaron moitos apuros. Pero ese "letargo" co que saíron os de Moirón do vestiario permitiu que o Lourenzá recortase distancias, no que foi un espexismo para os visitantes, pois minutos despois Catalin firmou o terceiro gol para sumar un novo doblete na súa conta particular e deixar o partido sentenciado. A partir de ahí os blanquinegros tiveron moitas oportunidades para ampliar o marcador, pero este non se movería e o partido finalizou con ese 3-1 favorable ós locais.
Estes 3 puntos sérvenlles ós pontenoveses para seguir na segunda posición da táboa a só un punto do líder, o Pastoricense, que conta con 14. Na seguinte xornada os de Moirón viaxarán a Xove para medirse ó Xove Lago, un dos seus perseguidores con 11 puntos. Será o vindeiro sábado ás 16:15 da tarde.

No hay comentarios: