
Pero ó pouco de comezar xa se viron as intencións dos de Sachas, e sería Pablín quen recortase distancias ós poucos minutos. Primeiro gol do pequeno xogador pontenovés logo do seu retorno ós campos de fútbol tras varios meses de ausencia por lesión. Minutos máis tarde sería Javi o que poñería o definitivo 2-2 no marcador, cun gran disparo que se colou pola escadra do marco rival, todo un golazo. Logo do empate, o partido contou con alternativas para ámbolos conxuntos pero o resultado non se movería ata o final.
Termina así a Liga o Sporting Pontenova nun meritorio 10º posto, o que significa a consecución do obxetivo marcado dende o principio, a permanencia, algo que non se conseguira ata o de agora nesta nova etapa do equipo. Agora comeza unha nova aventura na Copa Diputación, na que o primeiro rival será o máis difícil que podía tocar, o Pastoricense, flamante campión de Liga. A ida será o próximo domingo no campo do Acebreiro, e a volta unha semana máis tarde na Mina.
Podes descargar aquí o cadro da Copa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario