
O encontro comezou como se esperaba, e os de Moirón rápidamente se fixeron con control do esférico e comezaron a avisar ó gardameta visitante. Inaugurou o marcador o Pichichi Matelo cun gol cunha pizca de sorte, pois cando estaba presionando ó central o despexe deste rebotou no punta asturiano e colouse na portería cunha fermosa vaselina. Xa por diante, os da Mina dedicáronse a facer o seu fútbol e levaron continuo perigo sobre todo pola banda de Christian, un auténtico puñal polo costado dereito, aínda que as súas chegadas non puideron ser aproveitadas nin por Matelo nin por Seoane, polo que se chegou ó tempo de lecer co único gol sportinguista.
Non mudou o curso do partido no segundo tempo. Ó pouco de comezar os gualdinegros conseguiron o gol da tranquilidade e que deixaba o encontro prácticamente finiquitado, pois non semellaba que o San Ciprián lle puidese dar a volta. Nesta ocasión o goleador foi Christian, que pouco despois daríalle a Matelo a asistencia do terceiro gol nun espectacular contragolpe que finalizou o dianteiro pontenovés logo dun gran recorte no punto de penalti. Co 3-0 os homes de Moirón relaxáronse, o que permitiu que a falta de 10 minutos para o final recortasen distancias os cervenses, pero a remontada non se producíu e o choque finalizou sen máis goles.
Despois deste triunfo, os de Moirón remataron xa a súa participación na Liga, pois descansarán na última xornada coa tranquilidade de ter logrado o título fai xa 3 semanas. Despois virá a Copa, que fará as veces de teloneira para o colofón da temporada, a fase de ascenso a Liga Galega, que comezará a mediados de Maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario