lunes, 5 de abril de 2010

2ª Autonómica: O Sporting perdoa ante o Parga e perde 2 puntos no último suspiro (1-1)

Os asistentes ó Campo da Mina viviron un "déjà vu" o pasado sábado 28 de Marzo ante o Parga. Nun partido importantísimo para asegurar canto antes a permanencia na categoría, os de Sachas saíron ó céspede moi enchufados e con ganas de resolver canto antes. Principiou o encontro con oportunidades case continuas para os locais, sobre todo unha de Puente nunha xogada na que Javín lle deixa o balón franco para rematar a porta vacía, pero o punta pégalle mal e falla cando o máis fácil era metela. Froito dese empuxe chegou o primeiro gol, obra de Javín, máximo goleador do equipo, que resolveu unha xogada cunha gran vaselina ante a que nada puido facer o porteiro. Tivo algunha ocasión máis o dianteiro de Trabada para sentenciar o partido, pero a mala sorte nunhas e a mala puntería noutras non lle permitiron aumentar a súa conta. Tamén Puente tivo outra boa oportunidade, pero o seu globo foise por pouco. Co solitario gol pontenovés fóronse ó descanso.
O segundo tempo comezou coa sensación de que o Parga comezaba a gañar terreo, e os fantasmas de outros partidos empezaron a rondar pola Mina. Os de Sachas tiveron algunha ocasión para marcar o da tranquilidade, pero o gol non chegaba e os visitantes pouco a pouco se foron facendo co control e comezaron a rondar asiduamente a meta de Juanki. E o peor ocurriu cando máis doe, no desconto, e os da Terra Chá acabaron levándose un punto da Mina nun partido no que puideron saír goleados, sobre todo no primeiro tempo, pero os gualdinegros acabaron cedendo outra vez nos últimos minutos, algo que por desgracia pasou moitas veces esta temporada.
Con este empate o Sporting segue sen ter asegurada a permanencia, polo que o partido ante o Pol será a primeira final para chegar ás 2 últimas xornadas con máis tranquilidade.

No hay comentarios: