lunes, 5 de abril de 2010

Aut. Xuvenil: Derrota ante o Foz en Liga (2-0) e ante o Celanova por penalties no torneo "Sarria no Camiño"

O Sporting Pontenova xuvenil caeu fai unha semana no seu encontro disputado ante o Foz, no partido no que os de Moirón estreaban a súa condición de campións de Liga. A gran cantidade de baixas coa que chegaba ó choque o conxunto pontenovés foi un duro lastre dende o primeiro minuto, ademáis de estar enfronte o segundo clasificado que, probablemente, sexa o acompañante do Sporting na fase de ascenso á Liga Galega, na que os focenses deberán disputar a fase previa. O encontro finalizou cun 2-0 que reflexou a superioridade roxiblanca no céspede, ante un Pontenova mermado que acusou a relaxación logo de conseguir o campionato.
O outro partido, correspondente ó torneo "Sarria no Camiño", disputouse o pasado sábado no campo da Ribela, na localidade lucense. O rival foi o Sporting Celanova logo de que o equipo que iba enfrontarse ós de Moirón nun principio, A Seca de Pontevedra, non puidese acudir. Foi un encontro intenso, no que a pesar de ser amistoso os dous equipos saíron a pola victoria e brindáronlle ós asistentes un choque vibrante e cheo de goles. Os 90 minutos acabaron con empate a 4, con goles para o Sporting de Matelo e Turbo, ambos por partida doble. Nos penalties impúxose o Celanova por 4 goles a 2, polo que os de Moirón finalizaron a súa participación no torneo xa nas semifinais.

No hay comentarios: