lunes, 10 de mayo de 2010

Amistoso Xuvenil: Empate esperanzador na visita a Betanzos (1-1)

Bo encontro o que disputou o Sporting Xuvenil no García Hermanos de Betanzos contra o equipo local. O rival quedara 5 na sua respectiva liga en Coruña e tratabase dun equipo de entidade.

Os rapaces de Moirón afrontaban o que pode ser o último partido de preparación antes da fase de ascenso contra o Betanzos para medir o seu verdadeiro potencial contra un equipo de nivel e o resultado foi positivo.

O encontro na primeira metade estivo marcado polo bo facer da defensa gualdinegra e o acerto cara o gol que tivo Cristian. Dende o pitido inicial o Sporting tratou de controlar a un equipo local que baseaba o seu ataque en longas elaboracións que case sempre culminaban cun cambio de orientación na banda e que a defensa pontenovesa se encargaba de rexeitar para despois intentalo contragolpe. Nunha desas contras Matelo forzou un saque de esquina. A saida deste, a defensa brigantina rexeitou cara a frontal onde Cristian cunha soberbia volea coa sua perna esquerda e por toda a escadra conseguiu adiantar o cadro pontenovés. O resto da primeira parte seguiría sempre o mesmo patrón de xogo, co Sporting no seu campo sen pasar apuros e co Betanzos chocando unha e outra vez contra unha defensa que se mostrou en todo momento moi segura.

Xa na segunda metade o Betanzos adiantou liñas e dominou completamente o balón. Ainda con todo isto, non foi capaz de crear peligro a non ser mediante tiros dende lonxe que ou ben se ian fora ou ben os interceptaba Xoel sen problemas. En torno ó minuto 70, no único desaxuste defensivo do Sporting chegaría o empate. Foi mediante un cambio de orientación dun dos centrais locais que o extremo esquerdo logra controlar e poñer un centro preciso para que fora rematado ao fondo da rede. A partir de aquí, o Betanzos continuou co seu dominio do balón e gozou dalgunha oportunidade máis para marcalo segundo ainda que foi o Sporting que tivo as dúas ocasións máis claras para vencer, as dúas de Turbo. A primeira chegou mediante un balón largo que colleu a defensa rival adiantada e que enviou por pouco por encima do longueiro. Tamén por encima do longueiro se iría unha falta moi perigosa que executou e que sería a última acción do partido antes de que o árbitro decretase o final.

Hoxe luns procederase ao sorteo da promoción da fase a liga galega. Dar as grazas a aqueles afeccionados que se desprazaron ata Betanzos.


Crónica enviada por Sergio Arango.

No hay comentarios: