martes, 11 de mayo de 2010

Aut. Xuvenil: A Mina, territorio imbatible dende hai un ano e cinco meses

Cando está a piques de comezar a Fase de Ascenso a Liga Galega ante o Porto do Son, onte cumpríronse 1 ano e 5 meses dunha estadística digna de destacar: o equipo xuvenil non cae no Campo da Mina dende o 10 de Xaneiro de 2009, cando o Pol de Miranda conseguiu levarse os 3 puntos do feudo pontenovés vencendo por 2-3. Este dato resulta especialmente esperanzador tendo en conta que nas dúas eliminatorias que poden levar ós de Moirón a acadar o ascenso, o partido de volta vaise disputar na Mina, polo que un resultado positivo a domicilio deixaría moi encarrilado o pase tendo en conta o fortín no que se convertiu A Pontenova neste último ano e medio.
Quedan menos de 15 días para que se inicie a última etapa da temporada, a máis importante, polo que dende aquí queremos pedir o apoio de toda a afición que non fallou en toda a Liga e que a bon seguro volverá a ser a das grandes tardes no partido do día 29, o de volta. Para o de ida, previsto inicialmente para o sábado 22, informamos de que se poñerá un autobús en disposición da xente que queira desplazarse ata Porto Do Son para apoiar ó Sporting.

No hay comentarios: