jueves, 13 de mayo de 2010

Copa Diputación: A temporada remata para o Sporting logo de volver caer en Pastoriza na Copa (1-0)

Rematou a temporada 2009-2010 para o primeiro equipo do Sporting Pontenova. E fíxoo sen disfrutar prácticamente da Copa Diputación, pois o campión de Liga, o Pastoricense, acabou coas aspiración dos de Sachas no torneo do K.O. ás primeira de cambio. O resultado no Campo da Mina xa fora bastante claro e deixaba poucas opcións para o partido de volta, pois o 0-3 da ida parecía insalvable para os pontenoveses que aínda así deron a cara e realizaron un partido serio no Acebreiro, caendo por 1-0. Na primeira parte os visitantes mostráronse moi combativos, e o Pastoricense atopouse con máis problemas dos previstos para superar un bloque moi firme e que se plantou no céspede co propósito de poñer en problemas ós locais basándonse na solidez defensiva e na velocidade en ataque de Puente e Javín. Conseguiron levar perigo con algunha combinación pero os da Pastoriza fixeron tamén un moi bo traballo e non pasaron excesivos apuros nestes primeiros 45 minutos, tendo incluso algunha ocasión para chegar ó descanso por diante.
Pero no segundo tempo a imaxe iba cambiar. Os de Sachas acusaron o cansancio e os locais fixéronse co control case dende o principio. Foi neste período cando conseguiron o gol da victoria, e a partir de ahí o Sporting xa baixou os brazos e vía case imposible lograr 4 goles para darlle a volta a eliminatoria. Non houbo máis historia e o partido rematou co solitario tanto local.
Finaliza así a temporada para o Sporting Pontenova, cun meritorio 10º posto en Liga e cunha derrota na Copa na primeira ronda. Agora toca disfrutar dunhas merecidas vacacións para inicar o próximo curso con máis ganas que nunca e cas máximas aspiracións.

No hay comentarios: