
Comezou o encontro de forma esperanzadora para a afición visitante, que lle deron a nota de colorido ás gradas durante os 90 minutos e que non deixaron de cantar e de animar nin un só instante. No primeiro cuarto de hora o dominio foi para os de Moirón, que conseguiron superar a defensa local por medio da velocidade de Matelo en varias ocasións. O punta asturiano foi un auténtico pesadelo para a zaga do Son, que se viu desbordada unha e outra vez con balóns largos que lle caían ó 9 pontenovés, que aínda así neste primeiro tempo non tivo ocasión excesivamente claras, excepto un disparo escorado que se marchou pola línea de fondo. Christian e Antón tamén estiveron moi activos, pero as súas internadas polos laterais non atopaban finalizador.
A segunda parte comezou coa dinámica coa que acabara a primeira. Os locais eran quenes tiñan o control, gozando de algunha xogada perigosa pero sin oportunidades claras, o mesmo que lle ocurría ós pontenoveses. A defensa sportinguista estivo outra vez de 10, especialmente un Bruno que foi un auténtico muro na zaga, sen cometer nin un só erro en todo o encontro, algo que contaxiou ós seus compañeiros de línea firmando todos un excelente papel. Pero, igual que no primeiro acto, o dominio foi cambiando pouco a pouco co paso dos minutos, ata que no último tramo de partido volveron a ser os de Moirón os donos do balón. O despliegue físico de Arango e a calidade de Tontxu fixeron que o medio campo fora para os pontenoveses, que intentaron encerrar na súa parcela ós locais no último cuarto de hora, cando chegaron as oportunidades máis claras para os gualdinegros, con Turbo e Matelo outra vez moi activos. E a historia repetiuse cando, nunha internada na área deste último e cando xa encaraba ó porteiro, un defens
Dende aquí queremos darlle as gracias a toda a afición que se desplazou a Porto Do Son, pois foi un gran esforzo pola súa parte cruzar Galicia para estar ó lado do equipo, e aínda con todo ese cansancio non pararon de animar e de alentar en todo o partido, teñindo as gradas do Emilio García de gualdinegro. Esperemos que ese gran ambiente se repita na Mina o próximo sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario