jueves, 6 de mayo de 2010

Copa Élide Xuvenil: Nova goleada ó Lourenzá (4-0) no día da Festa da Troita

Presentábase un partido complicado para o Sporting Pontenova, tanto pola entidade do rival como pola fecha na que nos atopábamos. Pero iso non pareceu ser un impedimento para ver de novo unha gran versión do conxunto pontenovés. O Campo da Mina presentaba un gran aspecto, non en vano o encontro coincidiu co día grande da Festa da Troita, e os asistentes puideron presenciar un duelo que viña casi sentenciado do partido de ida, pois en Santa Cruz os de Moirón impuxéranse por 1-3. Aínda así non se relaxaron e Matelo abriu o marcador ós poucos minutos cun gran gol. O dominio era case continuo por parte dos da casa, pero os laurentinos non se rendían e con algún arreón poñían en perigo a meta de Xoel. Pero o segundo gol, obra de Ayoub en xogada persoal, foi un xarro de auga fría e o partido e a eliminatoria quedaron vistas para sentencia. Ó descanso chegouse así, co 2-0 favorable ós gualdinegros.
Nos segundos 45minutos as tornas non cambiaron nin o máis mínimo, e o guión foi prácticamente o mismo que na primeira parte, coa diferencia de que ambos equipos se relaxaron un pouco pois os de Moirón vían o pase case feito e os de Lourenzá vían a remontada case imposible. E así foi, pero ó marcador aínda habería que sumarlle outros dous tantos, obra ambos de Picota, que se destapou como goleador no partido do sábado. E sen moito máis que destacar, rematou o choque.
A pesar da eliminación, o que dispute a seguinte eliminatoria será o E.D. Lourenzá, pois o Sporting Pontenova non vai poder xogala debido ó seu compromiso na fase de ascenso á Liga Galega. Para preparala, desplazaráse este sábado á localidade coruñesa de Betanzos para disputar un partido amistoso ante o conxunto local, ás 7 da tarde no García Hermanos.

No hay comentarios: