martes, 8 de febrero de 2011

Aut. Xuvenil: O San Ciprián vence na Mina e deixa ó Sporting a 4 puntos do penúltimo

O Sporting Pontenova caeu por 0-2 o pasado sábado ante o segundo clasificado, o San Ciprián. Nun céspede que, dentro do malo, recuperou bastante ben logo das chuvias da anterior semana, os visitante mostráronse superiores case dende o primeiro momento e non tardaron moito en inaugurar o marcador gracias a un gol olímpico que se colou na portería de Noel, sustituto dun Marco que estará varias semanas de baixa por sanción.
Mediado o primeiro tempo chegou a sentencia, e a partir de ahí o San Ciprián relaxouse pero o Sporting non foi capaz de acercarse no marcador, aínda que non deixou de intentalo. En ataque notouse demasiado a baixa de Catalin logo da expulsión sufrida a pasada xornada en Burela, e o protagonismo nas xogadas ofensivas pasou a Villarquide e Iván polas bandas, con Valín como punta de lanza. Ningún dos tres estivo atinado de cara a porta, polo que o partido rematou co 0-2 co que se chegara ó decanso.
Logo desta derrota, os de Moirón quedan a só 4 puntos do Pol, penúltimo clasificado. A próxima xornada os gualdinegros terán outro difícil compromiso, pois visitarán ó líder e gran favorito para o título, o C.D. Foz.

No hay comentarios: