martes, 22 de febrero de 2011

Aut. Xuvenil: Victoria "in extremis" na Mina ante o Lourenzá con doblete de Catalin

Victoria no último suspiro o pasado domingo ante o Lourenzá, equipo que precede ó Sporting na táboa. O céspede da Mina foi un dos protagonistas do encontro, pois atopábase en moi mal estado froito das intensas chuvias dese mesmo día e de días anteriores. O outro protagonista do choque foi, sen dúbida, Catalin. Logo de ser os visitantes os que se adiantaron, o punta pontenovés firmou un doblete consumando a remontada, o primeiro cun bonito disparo dende a frontal da área e o segundo de penalti nos instantes finais.

Presentábase un partido disputado, tenso, entre dous equipos que nos últimos anos foron crecendo en rivalidade, e que esta temporada se viu acentuada pola cercanía na clasificación. O estado do terreo de xogo non auguraba un partido bonito, pero a intensidade de ambos contendentes axudou a facelo vistoso para os aficionados que se acercaron á Mina o pasado domingo. No bando local, que continua coa baixa por sanción do seu porteiro titular, Marco, a alineación non presentaba demasiadas novidades, excepto a presencia de Diego no mediocampo acompañando a Arango e Camiño, e a volta ó once titular de Picota. Na portería repetía por terceira semana consecutiva Noel, que está aproveitando a súa oportunidade firmando boas actuacións. No primeiro tempo non houbo demasiadas ocasións. O ataque pontenovés centrábase sobretodo en Catalin, que aunque nestes primeiros 45 minutos non tivo demasiada sorte, acabaría sendo o auténtico protagonista do choque. Nas bandas, Iván pola esquerda e Picota pola dereita intentaban surtir de balóns ó punta, pero non estiveron demasiado acertados neste período. Os visitantes tampouco estaban a crear moito perigo, pero serían os primeiros en golpear. Sería cunha falta directa a poucos metros da área sportinguista que un xogador laurentino executou de maneira impecable, poñendo o balón lonxe do alcance de Noel. Adiantábase o Lourenzá preto do descanso, e non houbo máis accións destacables ata despois do parón.
Na segunda parte os de Moirón saíron convencidos da remontada e intentárono dende o primeiro minuto. O partido medrou en intensidade e pouco a pouco foron aparecendo as primeiras ocasións, sobretodo por parte dun Catalin moi activo. Sería él o encargado de poñer o empate no marcador. Mediado este segundo tempo, nun balón pelexado por Iván, Catalin recibiu fóra da área e, aproveitando que o porteiro estaba adiantado, superouno por alto cun disparo perfecto que se colou cerca da escadra laurentina. Víñanse arriba os pontenoveses, e o empate parecía só cuestión de tempo. Aínda así, o Lourenzá non se achicaba e lanzaba perigosos ataques que deron máis dun susto á zaga pontenovesa. Co partido empatado, ambos equipos buscaron o segundo gol que probablemente significase a victoria, polo que a tensión iba en aumento e o xogo foise endurencendo. Froito diso, un choque entre un defensor visitante e Catalin saldouse co xogador roxiblanco nos vestiarios cunha brecha importante nunha cella, tendo que ser sustituído. Pero o dianteiro pontenovés non se resentíu e continuou sendo un quebradeiro de cabeza para o rival. Cando todo apuntaba á igualada produciuse a xogada decisiva no encontro. No desconto, o árbitro sinalou mans dentro da área laurentina. Penalti claro, unha moi boa oportunidade para os de Moirón de asegurarse os 3 puntos na Mina. Lanzou Catalin e non fallou, poñendo por diante ós gualdinegros e sen tempo para a reacción visitante.
Con este resultado, o Sporting Pontenova segue na metade da táboa, a 7 puntos do Lourenzá, que vai por diante, e empatado co Iberia, que é o equipo que os sucede. O próximo sábado visitará Ribadeo para medirse no Pepe Barrera ás 15:45 ó equipo celeste, último clasificado e que conta tódolos seus partidos por derrotas.

No hay comentarios: