6 partidos levaban os de Moirón sen coñecer a derrota, dos cales os 5 últimos foran todos victorias, e co mérito engadido de non recibir goles nestes encontros. Pero as baixas en defensa fixéronse notar demasiado o pasado domingo na visita do Rioaveso, 4º clasificado, que saíu victorioso da Mina con un contundente 2-4, aínda que no segundo tempo os locais tiveron momentos de semellar que podían sacar un resultado positivo, logo de poñerse primeiro 1-2 co gol de Maketo de penalti minutos despois co 2-3 de Catalin. Pero os chairegos puxeron terra de por medio co 2-4 e os pontenoveses xa non puideron facer fronte a esa diferencia. Con esta derrota, o Sporting baixa dous postos pero queda nunha posición moi tranquila da táboa, a 7 puntos das posicións de perigo a falta de 9 por xogarse.
miércoles, 30 de marzo de 2011
Aut. Xuvenil: Un bo Sporting deixa escapar un punto ante o líder nos últimos minutos
Chegaban os de Moirón a Pastoriza para enfrontarse ó líder, e despois de 3 derrotas seguidas, non parecía o campo máis propicio para acabar con esa racha negativa. Pero os pontenoveses deron a cara en todo momento e a punto estiveron de dar a sorpresa no campo do Acebreiro, que viu en moitas fases do partido como os visitantes se podían adiantar no marcador. Pero unha xogada desafortunada cando o partido parecía abocado ó 0-0 acabou co gol do Pastoricense que á postre significaría a victoria, deixando ó Sporting empatado a puntos co antepenúltimo clasificado.
domingo, 27 de marzo de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6
Domingo 27 de Marzo, 17h30
27ª Xornada
A Mina
27ª Xornada

Sporting Pontenova 2 - 4 S.D. Rioaveso-Machinango
Goles: 1-2 Maqueto (p.), 2-3 Catalin
sábado, 26 de marzo de 2011
Resultados
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 26 de Marzo, 16h30
22ª Xornada
O Acebreiro
22ª Xornada

U.D. Pastoricense 1 - 0 Sporting Pontenova
jueves, 24 de marzo de 2011
martes, 22 de marzo de 2011
2ª Autonómica: Un Sporting lanzado vence pola mínima en Roupar e suma o seu 5º triunfo seguido
O mellor momento da temporada para o Sporting Pontenova confirmouse coa 6ª xornada consecutiva sen perder e co 5º triunfo consecutivo, o último o pasado sábado no campo do Roupar. Foi un partido no que os pontenoveses foron superiores no global do encontro, pero que se decidiu por un gol de Puente xusto antes de chegar ó descanso logo dun grave erro do porteiro local. No segundo tempo os de Moirón seguiron controlando, pero as cousas complicáronse nos minutos finais logo das expulsións dos dous centrales, Manu e Lolo, que se perderán a vindeira xornada. Minutos antes tamén vira a vermella un xogador do Roupar. Aínda así, os gualdinegros aguantaron e fixéronse cunha importante victoria que deixa a permanencia case sentenciada, situándose a a 10 puntos do descenso directo e a 7 dos postos con perigo de arrastres, a falta de 4 xornadas e 12 puntos en xogo. O seguinte rival será o Rioaveso, que visitará A Mina o domingo ás 17.30 da tarde.
Aut. Xuvenil: Victoria do Sagrado Corazón na Mina, a 3ª derrota consecutiva do Sporting
Presentábase o Sagrado Corazón, 4º clasificado, o pasado sábado na Mina en horario matinal, debido ó compromiso do equipo sénior o mesmo día pola tarde. Volvía o equipo capitalino a un campo que non se lle daba nada ben nos últimos anos, pero esta vez era un novo Sporting o que iba ter enfronte, un equipo con aspiracións non tan altas como no pasado. E iso aproveitárno os blanquiazuis para levarse 3 puntos da Mina e seguir así loitando polo campionato de liga, nunha pelexa na que están implicados ata 5 equipos. Foi nun partido no que se mostraron superiores diante dun conxunto pontenovés que acusou as importantes baixas de Arango e Catalin, e acabou cedendo por 0-2. Este resultado deixa ós de Moirón no posto 11º, aínda que a pouca distancia da zona tranquila da clasificación. O seguinte compromiso será o vindeiro sábado no campo do Acebreiro, en Pastoriza, ante o líder da categoría.
sábado, 19 de marzo de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6
Domingo 19 de Marzo, 16h30
26ª Xornada
Campo Novo
26ª Xornada

S.D.C. Roupar 0 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Puente
Resultados
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 19 de Marzo, 11h30
21ª Xornada
A Mina
21ª Xornada

Sporting Pontenova 0 - 2 A.D. Sagrado Corazón
miércoles, 16 de marzo de 2011
2ª Autonómica: A permanencia, máis cerca logo de volver a gañar na Mina despois de 5 meses
O Galdo fora o último equipo en saír derrotado da Mina, por 3-1 o pasado 24 de Outubro. Houbo que esperar case medio ano para volver a conseguir os 3 puntos como local, e produciuse no tramo máis importante da temporada e cando mellor forma están a demostrar os de Moirón. Foi o pasado domingo ante o Bonxe, nun partido moi complicado que non se resolveu ata os últimos 10 minutos, donde os goles de Jorge e do xuvenil Catalin firmaron un 2-0 que deixa ó Sporting a 8 puntos precisamente do Bonxe, conxunto que ocupa a última plaza de descenso. O Roupar e o Pol, equipos en perigo polo descenso en cascada, quedan xa a 7 dos pontenoveses.
lunes, 14 de marzo de 2011
Aut. Xuvenil: Derrota en Cospeito nun partido marcado polas baixas
Presentábase o Sporting xuvenil a mañá do sábado en Cospeito cun equipo de circunstancias, marcado polas baixas de xogadores importantes como Picota, Arango, Anxo ou Camiño. Foi por isto polo que, de maneira extraordinaria, o porteiro Marco tivo que actuar no centro do campo para axudar a compoñer un once de garantías. O Cospeito estaba situado só dous puntos por debaixo dos pontenoveses, polo que despois da victoria por 2-0 colócase por diante dos de Moirón, deixando ó Sporting na zona media-baixa da táboa pero con un importante colchón de puntos respecto ós dous últimos. O próximo sábado, no seguinte compromiso, visitará A Mina un dos "gallitos" da categoría, o Sagrado Corazón.
domingo, 13 de marzo de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6
Domingo 13 de Marzo, 16h30
25ª Xornada
A Mina
25ª Xornada

Sporting Pontenova 2 - 0 Bonxe F.C.
Goles: 1-0 Jorge, 2-0 Catalin
sábado, 12 de marzo de 2011
Resultados
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 12 de Marzo, 11h30
20ª Xornada
A Fonte
20ª Xornada

C.D. Cospeito 2 - 0 Sporting Pontenova
jueves, 10 de marzo de 2011
miércoles, 9 de marzo de 2011
2ª Autonómica: 3 puntos que poden valer unha permanencia
Paso de xigante do Sporting Pontenova o pasado domingo ante o Pol, nun partido disputado en Bretoña. Os gualdinegros tiñan unha oportunidade inmellorable para escapar dos postos perigosos e, de paso, afundir un pouco máis neles ó equipo de Miranda. Resolveu Javín ó principio da segunda parte cun gol que resultaría definitivo, e que deixa ós de Moirón 5 puntos por riba do descenso e a só 3 do Meira, 9º clasificado.
Aut. Xuvenil: O entroido non lle senta ben ó Sporting, con 2 derrotas en 2 encontros
Non foi boa época o carnaval para os xuveniles do Sporting. Disputaron dous partidos, o sábado contra o Pol e o martes contra o Alfoz, ambos na Mina. No primeiro caeron por un contundente 0-4, nun partido controlado totalmente polo rival, que chegaba á Mina nas últimas posicións na táboa. No partido do martes o resultado foi máis apretado, 1-2 para o Alfoz, nun choque no que o Sporting tivo ocasións para empatar no tramo final.
martes, 8 de marzo de 2011
Resultados
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Martes 8 de Marzo, 17h30
12ª Xornada
A Mina
12ª Xornada

Sporting Pontenova 1 - 2 C.D. Alfoz
Goles: 1-2 Catalin
domingo, 6 de marzo de 2011
Resultados
2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6
Domingo 6 de Marzo, 16h30
24ª Xornada
Bretoña
24ª Xornada

S.D. Pol 0 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín
sábado, 5 de marzo de 2011
Resultados
1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7
Sábado 5 de Marzo, 16h30
19ª Xornada
A Mina
19ª Xornada

Sporting Pontenova 0 - 4 S.D. Pol
jueves, 3 de marzo de 2011
martes, 1 de marzo de 2011
2ª Autonómica: Nin o árbitro pode cun Sporting que vence pola mínima ó Sacido en Viveiro

Suscribirse a:
Entradas (Atom)