miércoles, 16 de marzo de 2011

2ª Autonómica: A permanencia, máis cerca logo de volver a gañar na Mina despois de 5 meses

O Galdo fora o último equipo en saír derrotado da Mina, por 3-1 o pasado 24 de Outubro. Houbo que esperar case medio ano para volver a conseguir os 3 puntos como local, e produciuse no tramo máis importante da temporada e cando mellor forma están a demostrar os de Moirón. Foi o pasado domingo ante o Bonxe, nun partido moi complicado que non se resolveu ata os últimos 10 minutos, donde os goles de Jorge e do xuvenil Catalin firmaron un 2-0 que deixa ó Sporting a 8 puntos precisamente do Bonxe, conxunto que ocupa a última plaza de descenso. O Roupar e o Pol, equipos en perigo polo descenso en cascada, quedan xa a 7 dos pontenoveses.

Era o momento de trasladar o bo momento de forma a domicilio do Sporting ós partidos na Mina. O Galdo fora o último en irse de vacío do feudo pontenovés, pero desde eso xa pasara case medio ano, polo que, no momento máis importante da temporada, os de Moirón necesitaban romper urxentemente esa racha. E o Bonxe parecía un rival propicio, pois de gañarlles quedarían xa 8 puntos por debaixo, marcando o límite cos postos de descenso. Pero nos primeiros minutos parecían mais enchufados os visitantes. Os pontenoveses non semelleaban collerlle o ritmo ó partido e as ocasións non daban chegado. Pola contra, a portería de Xoel pasou algúns apuros máis dos previstos. Pero un disparo ó poste de Javín pareceu despertar ós locais. Nas bandas, un Puente que foi de máis a menos e un Fran que tivo a ocasión máis importante do primeiro tempo, tamén foron un incordio para a zaga do Bonxe. O descanso acercábase, e cando parecía que se iba chegar con empate, un pase en profundidade de Rañón deixa a Fran só diante do porteiro, con Javín a uns metros libre de marca para empuxar o balón ó fondo das redes. Pero o extremo pontenovés tarda demasiado en decidir e o meta visitante bótaselle encima desperdiciando a mellor ocasión para adiantarse, polo que se chegou ó intermedio co resultado inicial.
O segundo tempo comezaba con sensacións similares ás do primeiro. Parecía que os visitantes tiñan o partido máis controlado, pero cos cambios e co paso dos minutos os de Moirón fóronse facendo donos do balón, manexados sobre todo por un Rañón que firmou un auténtico partidazo na mediapunta. Entrou Jorge por Puente e, aínda que tardou en entrar en xogo, pronto foi un perigo para o Bonxe pola banda dereita. Pasaban os minutos e as oportunidades non daban chegado, e incluso os aficionados presentes na Mina se resignaban e asimilaban que o partido conducía a un 0-0 que parecía inevitable. Pero, a falta de 10 minutos, cambiou todo. Javín, pouco acertado cara a porta, deixou o seu sitio a Catalin. Pouco despois, Fran recibe un balón pegado á banda esquerda, en tres cuartos de campo, e saca un centro ó segundo pau que semellaba moi pasado, pero alí aparece Jorge para, sen deixala caer, colocar o balón no fondo da rede inaugurando o marcador cunha gran volea que entra polo pau corto. Co partido encarrilado, e a falta de poucos minutos, seguiu o carrusel de cambios coa entrada de Otto e Arango. Este último sería un dos protagonistas do gol da sentencia. Un pase seu en profundidade deixa só a Catalin diante do porteiro, ó que regatea de maneira xenial para poñer a placer o 2-0 definitivo. Non houbo tempo para máis, e o Sporting volveu a vencer na Mina 5 meses despois.
Con este victoria, os de Moirón deixan os postos de descenso xa a 8 puntos de distancia. Pol e Roupar ocupan os lugares ameazados polos descensos en cascada, pero quedan tamén a 7 puntos, polo que os pontenoveses están nunha posición relativamente tranquila. O partido da próxima xornada será igual de importante, pois visitarán a un dos equipos que están na mesma loita, o Roupar. No caso dunha victoria a permanencia quedará prácticamente sentenciada a falta de 5 partidos. Será o vindeiro sábado, ás 16:30 no Campo Novo da localidade chairega.

Consulta aquí a clasificación.

No hay comentarios: