martes, 22 de marzo de 2011

Aut. Xuvenil: Victoria do Sagrado Corazón na Mina, a 3ª derrota consecutiva do Sporting

Presentábase o Sagrado Corazón, 4º clasificado, o pasado sábado na Mina en horario matinal, debido ó compromiso do equipo sénior o mesmo día pola tarde. Volvía o equipo capitalino a un campo que non se lle daba nada ben nos últimos anos, pero esta vez era un novo Sporting o que iba ter enfronte, un equipo con aspiracións non tan altas como no pasado. E iso aproveitárno os blanquiazuis para levarse 3 puntos da Mina e seguir así loitando polo campionato de liga, nunha pelexa na que están implicados ata 5 equipos. Foi nun partido no que se mostraron superiores diante dun conxunto pontenovés que acusou as importantes baixas de Arango e Catalin, e acabou cedendo por 0-2. Este resultado deixa ós de Moirón no posto 11º, aínda que a pouca distancia da zona tranquila da clasificación. O seguinte compromiso será o vindeiro sábado no campo do Acebreiro, en Pastoriza, ante o líder da categoría.

No hay comentarios: