miércoles, 30 de marzo de 2011

2ª Autonómica: O Riaveso acaba de forma contundente coa racha de 5 victorias seguidas do Sporting

6 partidos levaban os de Moirón sen coñecer a derrota, dos cales os 5 últimos foran todos victorias, e co mérito engadido de non recibir goles nestes encontros. Pero as baixas en defensa fixéronse notar demasiado o pasado domingo na visita do Rioaveso, 4º clasificado, que saíu victorioso da Mina con un contundente 2-4, aínda que no segundo tempo os locais tiveron momentos de semellar que podían sacar un resultado positivo, logo de poñerse primeiro 1-2 co gol de Maketo de penalti minutos despois co 2-3 de Catalin. Pero os chairegos puxeron terra de por medio co 2-4 e os pontenoveses xa non puideron facer fronte a esa diferencia. Con esta derrota, o Sporting baixa dous postos pero queda nunha posición moi tranquila da táboa, a 7 puntos das posicións de perigo a falta de 9 por xogarse.

No hay comentarios: