martes, 1 de marzo de 2011

2ª Autonómica: Nin o árbitro pode cun Sporting que vence pola mínima ó Sacido en Viveiro

Visitaba o Sporting o Municipal de Viveiro para medirse a un dos favoritos ó ascenso, o Sacido. Os de Moirón acudían coa intención de seguir coa boa imaxe que están ofrecendo nos partidos lonxe da Mina, como o da anterior xornada na victoria ante o Galdo. E cumpliron sobradamente, cunha gran victoria gracias a un gol de Javi nos primeiros minutos da segunda parte. O árbitro, con varias xogadas polémicas a favor dos locais, foi un dos protagonistas do partido. Puido cambiar o desenlace cun penalti a favor do Sacido que se inventou nos instantes finais, pero o xogador local mandou o balón alto e ó final os 3 puntos viñéronse para A Pontenova.

Segunda salida consecutiva a Viveiro, logo da victoria en Galdo, e segundo compromiso complicado para o Sporting. Máis este último si cabe, pois o rival é un dos favoritos ó ascenso, aínda que neste momento se atope no 4º lugar a certa distancia dos postos que dan acceso directo á 1ª Autonómica. Pero os pontenoveses, máis necesitados e sabedores do seu poderío lonxe da Mina, saíron a buscar a sorpresa dende o primeiro minuto. A primeira oportunidade importante foi para os gualdinegros, nas botas de Fran, pero o seu disparo non serviu para inaugurar o marcador. Os minutos iban pasando e, aunque o Sacido dominaba lixeiramente, non poñía en demasiados apuros a César, que solventou perfectamente tódolos intentos locais neste primeiro tempo. Mentres, o Sporting centraba o seu ataque nos tres homes de diante, Jorge, Javín e Fran, moi activos sobre todo estes dous últimos. O campo sintético e as amplias dimensións do terreo de xogo eran propicios para que saira a relucir a calidade dos dianteiros pontenoveses, que aínda así tampouco gozaron de moitas oportunidades nesta primeira parte. En defensa, outra vez unha gran actuación que volveu a deixar a cero a meta sportinguista.
O segundo tempo comezou cos dous equipos saíndo a polo partido, pois os 3 puntos eran importantes para calquera dos dous bandos. Ós poucos minutos producíuse un troco que iba cambiar o partido sustancialmente. Deixaba o campo Jorge para darlle entrada a Marcos Conde, que se situou no lateral dereito deixando a Javi no extremo diestro. E na primeira xogada despois do cambio, este último gáñalle a carreira ó seu lateral, dribla a dous rivais dentro da área e saca un tiro potente que se cola centrado pero ante o que nada pode facer o porteiro local. Saltaba a sorpresa no Municipal. Ese gol deulles alas ós de Moirón, que nos minutos seguintes puideron ampliar a ventaxa con outra xogada de Javi, moi similar á do gol, pero esta vez o seu disparo foi cortado por un defensa. Entrando xa no último tramo de partido, o Sacido veuse arriba e gozaron de varias oportunidades, sobretodo con balóns colgados que remataron os seus dianteiros sen acerto, poñendo en algún apuro a zaga pontenovesa. Tamén os visitantes puideron ampliar a ventaxa, con oportunidades de Fran ou de Puente, ó que se lle anulou unha xogada por un fóra de xogo moi dudoso cando xa regateara ó gardameta. Pero, a moi poucos minutos para o remate, chegou a mellor ocasión para os locais. O árbitro, que firmou unha actuación bastante polémica, sinalou penalti nunha falta de Javi dentro da área moi protestada polos pontenoveses. Por sorte, o lanzador mandou o balón moi por encima da portería de César certificando a victoria do Sporting por 0-1.
Con estes 3 puntos, os de Moirón escalan outra posición e deixan xa a 4 rivais por debaixo, situándose no 12º posto con 23 puntos, a un do próximo rival, o Pol, situado un lugar por debaixo. Por encima, o Celta Barreiros aventaxa ós pontenoveses en 3 puntos.

No hay comentarios: