miércoles, 9 de marzo de 2011

Aut. Xuvenil: O entroido non lle senta ben ó Sporting, con 2 derrotas en 2 encontros

Non foi boa época o carnaval para os xuveniles do Sporting. Disputaron dous partidos, o sábado contra o Pol e o martes contra o Alfoz, ambos na Mina. No primeiro caeron por un contundente 0-4, nun partido controlado totalmente polo rival, que chegaba á Mina nas últimas posicións na táboa. No partido do martes o resultado foi máis apretado, 1-2 para o Alfoz, nun choque no que o Sporting tivo ocasións para empatar no tramo final.

O sábado chegaba a Mina o Pol, un dos equipos chamados a estar nas últimas posicións da competición. Pero presentouse na Mina covencido de levarse o partido e volveuno a conseguir, como xa fixera na ida. O Sporting non demostrou o seu verdadeiro nivel e viuse superado por un rival que, a pesar de tardar en abrir a lata, foi superior durante os 90 minutos. O primeiro tanto do Pol chegou na recta final do primeiro tempo, e foi cun saque directo de falta que se colou pola escadra da portería de Noel de maneira imparable. Na segunda parte chegaron os outros 3 goles visitantes, completando a goleada por 0-4 que deixaba ós de Moirón tocados para o partido do martes.
O rival no seguinte encontro era o Alfoz, equipo da zona media-alta. E a actitude neste partido foi diferente, plantando cara ó rival en todo momento. Volvía Marco a ocupar a portería do Sporting logo de cumplir 5 partidos de sanción, pero non puido celebralo con victoria. Mediado o primeiro tempo foi o Alfoz o encargado de abrir o marcador, pero os pontenoveses non se viñeron abaixo e buscaron o empate dende ese mismo momento, aínda que sen fortuna. Ó comezo da segunda parte as cousas puxéronse aínda máis difíciles co segundo gol do Alfoz, que deixaba o partido case sentenciado. Pero un gol de Catalin de penalti a falta de poucos minutos revolucionou o partido e a partir dese momento o Sporting volcouse sobre a meta alfocense, gozando de numerosas oportunidades para conseguir o empate. Pero os minutos fóronse consumindo e o partido finalizou co 1-2.
Logo destas dúas derrotas, os gualdinegros continuan nunha posición bastante tranquila, lonxe dos últimos postos, que era o obxetivo nesta campaña, pero tamén lexos da cabeza. O seguinte encontro será o próximo sábado, ás 11:30 no campo da Fonte en Cospeito.

No hay comentarios: